Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Pantón
Parroquia: Frontón (San Xoán)
Lugar: A Chaira
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
Edificación relixiosa feita a mediados do século XX a base de perpiaño granítico, de planta rectangular cunha soa nave e cuberta a dúas augas.
A fachada, con pilastras laterais e remates en pináculos piramidais, posúe unha porta de acceso enmarcada e un ocelo con derrame interno.
O conxunto remata nunha espadana dun só van con cruz pétrea de remate.
Esta igrexa forma parte do poboado de A Chaira. O lugar foi construído entre os ano 1945 e 1956 pola empresa Iberdrola para albergar aos traballadores máis cualificados encargados do proxecto de construción do encoro de Santo Estevo.
O lugar foi abandonado a finais dos anos 80 do século pasado.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
O lugar atópase completamente abandonado. Maleza e lixo acompañan tanto á igrexa como as edificacións adxacentes.
Onde está localizado
Latitude: 42.4249912086Lonxitude: -7.67167031765
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84