Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Ferrol (comarca) / Mugardos
Parroquia: Franza (Santiago)
Lugar: As Escadas
Outra denominación do ben: Os Castros ou As Gaivotas
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

É un castro costeiro fortificado. Situado nunha península cunha lixeira elevación sobre a ría de Ferrol. Situado no límite entre os concellos de Mugardos e Fene. Ten unha situación perpendicular á ría de Ferrol, orientado nun eixe norte sur, co antecastro ao norte máis preto da ría de Ferrol.
As defensas están contorneadas por camiños. Hai un acceso ao castro ao sur que podería non ser o orixinal, nesta zona as defensas teñen máis altura, uns 5 metros.
O castro mide de norte a sur uns 100 metros e de leste a oeste uns 80 metros. A croa é un prado. O antecastro está dividido en dúas fincas, nunha hai unha casa e a outra metade é monte baixo. O antecastro ten forma circular duns 80 metros de diámetro. Na zona, o terreo ao redor do castro, está formado por multitude de aterrazamentos aproveitados como prados.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta: GA15051003
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/MUGARDOS/documents/0227CA006.PDF (Pax. 12-13 do PDF)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.459002623
Lonxitude: -8.20882022381
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84