Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Cabanas / Eume (comarca)
Parroquia: San Martiño do Porto
Lugar: As Modias
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

Sitúase sobre unha lomba encaixado na conca do río Castro que actuaba como defensa natural e cortado pola trincheira do tren. Polo norte vese un terraplén que chega ata o mesmo. Ten un recinto central de 78 por 95 metros, con forma oval. Está rodeado por un terraplén rematado nun muro de terra de entre 40 e 60 centímetros de altura no interior e de dous a catro metros no exterior; o muro desaparece case na súa totalidade na cara norte onde o río exercía como defensa. Pode verse unha rampa de acceso na zona SSE que interrompe a defensa, se ben non está claro que se trate do acceso orixinal. A croa está dividida en fincas aproveitadas como plantacións de eucaliptos e prados.
A este castro podería asociarse a procedencia do torque de San Martiño do Porto.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: ForestalAgrícola
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.4269309771
Lonxitude: -8.18171373531
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84