Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Sanxenxo
Parroquia: Vilalonga (San Pedro)
Lugar: Vilar
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XXI,
Descrición:

Cruceiro inaugurado o 29 de xuño de 2007 segundo reza unha placa situada no lugar. O autor do cruceiro foi Manuel Fandiño (veciño da parroquia de Gondar – Concello de Sanxenxo).
O conxunto nace sobre un chanzo de sección cadrada. Sobre ela unha base de grandes dimensións na que aparece unha placa cunha lenda escrita no verbo das arxinas (linguaxe utilizado polo gremio de canteiros de Galicia). As outras tres caras están decoradas con motivos mariñeiros.
Sobre esta base podemos ver dúas formas humanas (un mariñeiro e unha muller co cesto na cabeza)
O varal nace sobre unha forma moldurada con volutas e anxos nos esquinais. Comeza en sección cadrada e continúa en cilíndrica. Contén varios elementos decorativos como son unha serpe enroscada e dúas imaxes: San Pedro e Santo Tomás Apóstolo.
O capitel tipo xónico dá paso a unha cruz de sección cilíndrica na que aparecen as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso, e a Virxe do Carme co Neno no colo e con dous anxos aos lados no reverso.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://cruceirosdegalicia.xyz/Cruceiros/Web/3605101.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.442586181
Lonxitude: -8.83609486573
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84