Outra fotografía:

Tipo de ben: Industria,
Concello: Muros
Parroquia: Muros (San Pedro)
Lugar: Muros
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Antiga fábrica de salgaduras situada ao final do Paseo Bombé e na banda esquerda da estrada C-550 Muros-Cee. Foi edificada no ano 1909, como reza sobre a porta da residencia, polo coñecido fomentador catalán Joaquín Vieta Ros, pasando posteriormente a mans de seu fillo Salvador Vieta Roura. Entre agosto do 1937 e febreiro do 1938 funcionou de Campo de Concentración para os presos Republicanos traídos de Cantabria, Asturias e tamén algúns deles de Galicia. Está rexistrada no Rexistro Civil de Muros unha morte dun preso de Oviedo. Na década dos anos 70 do pasado século véndeselle a Daniel Rodriguez, quen a converte nunha fábrica de conservas. Trátase dun edificio de planta rectangular de 103 metros de largo por 15 de ancho, nel diferéncianse claramente tres partes, o almacén, máis baixo, situado no lado de Muros; a casa do Patrón, situada no medio da edificación e un pouco máis alta que a fabrica, que se sitúa ao outro extremo e cúbrese a catro augas. No lateral que mira ao mar existen dúas ramplas, unha delas en grave perigo de desaparecer é a outra en bo estado, cun arco e unha garita pola cal entraban os presos traídos polo galeón Joaquín Vieta.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Inventario do Patrimonio Marítimo Pesqueiro no ámbito das Confrarías de Pescadores de Muros,
Lira, O Pindo, Fisterra e Laxe.
Custa,Xesús. Santos,Xesús: Galiza na Guerra Civil. Campos de concentración de Muros, Padrón, A Pobra e Rianxo
www.lavozdegalicia.es/estaticos/27BARBANTIA2.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7727839017
Lonxitude: -9.05016481876
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84