Outra fotografía:

Tipo de ben: Muíño,
Concello: Xunqueira de Espadanedo
Parroquia: Xunqueira de Espadañedo (Santa María)
Lugar: Lameiros
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

De planta rectangular con cuberta de tella curva a dúas augas sobre estrutura de madeira. Cerramentos de mampostería granítica de tamaño grande e medio. Os muros presentan ocos de pequenas dimensións nas súas fachadas lonxitudinais.
Polo lado sur ten a porta de entrada, tendo un pousadoiro para as saquetas a unha altura xusta, entre el e a porta vemos varias cruces gravadas na pedra da parede, suponse que como protección espiritual do muíño.
Está formado pola parte baixa ou inferno onde está o rodicio e unha primeira planta, onde se facía a moenda, e que estaba composta por unha moa.
Chegaría a el a canle pola que viría a auga gañando altura dende unha pequena presa onde se desviaba o caudal do regueiro.
A meirande parte dos muíños de esta zona da caída de Cabeza de Meda son da modalidade de canle, característico por ter que administrar un pequeno caudal de auga, que procedente da pequena gavada, condúcese rapidamente cara o rodicio a través da canle para bater contra o primeiro de forma tanxencial, despois de precipitarse polo cubo a modo de funil.
Ó estar situado sobre un terreo con gran pendente, non era moi doado achegarse cara a entrada, que se podía facer polo lado de poñente, vencendo a gran pendente ascendendo por un carreiro acondicionado para tal fin. Ou ben achegándose polo lado de nacente polo camiño que discorre paralelo á canle.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/XUNQUEIRADEESPADANEDO/documents/27854ca004.PDF (Pax. 49)

http://www.xoanarcodavella.com/2012/10/muino-en-xunqueira-de-espadanedo.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.32537
Lonxitude: -7.628725
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84