
Outra fotografía:

Tipo de ben: Muíño,
Concello: Xunqueira de Espadanedo
Parroquia: Xunqueira de Espadañedo (Santa María)
Lugar: Ronron
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
De planta rectangular con cuberta de tella curva a dúas augas. Cerramentos formados por grandes bloque graníticos de mampostería. Presenta un oco de entrada nunha das fachadas transversais e un oco de ventilación de pequenas dimensións na fachada lonxitudinal.
Polo lado de poñente ten a porta de entrada, que neste caso e metálica.
Está formado pola parte baixa ou inferno onde está o rodicio e unha primeira planta, onde se facía a moenda, e que estaba composta por unha moa.
Chegaría a el a canle pola que viría a auga gañando altura dende unha pequena presa onde se desviaba o caudal do regueiro, aproximándose ó muiño nos últimos metros a gran altura, soportado por un acueduto feito en granito, no que a canle está feita en perpiaños ben encaixados.
A meirande parte dos muíños de esta zona da caída de Cabeza de Meda son da modalidade de canle, característico por ter que administrar un pequeno caudal de auga, que procedente da pequena gavada, condúcese rapidamente cara o rodicio a través da canle para bater contra o primeiro de forma tanxencial, despois de precipitarse polo cubo a modo de funil.
A auga que utilizan estes muíños, augas abaixo e re aproveitada por outros muíños que están na mesma escorrentía.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/XUNQUEIRADEESPADANEDO/documents/27854ca004.PDF (Pax. 50)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.325785Lonxitude: -7.62806
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84