Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Montederramo / Xunqueira de Espadanedo
Parroquia: Xunqueira de Espadañedo (Santa María) – As Chás (San Xoán)
Lugar: O Carpazal
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

Preto da estrada que ascende cara a cima de Cabeza de Meda, na zona coñecida como Carpazal, atopamos un pequeno penedo sobre o que se atopan as gravuras a unha altitude de 1057m.
Esta peneda lixeiramente alongada en dirección norte sur, ten ó longo do seu lombo aproximadamente unha ducia de coviñas orientadas nesa dirección. Na zona sur aparecen varias coviñas combinadas con varios sucos con forma serpentiforme, unindo algunha das cazoletas.
As coviñas teñen unhas medidas aproximadas que oscilan entre os 4 e 6cm de diámetro, e unha fondura de 1 a 2 cm, aínda que ten unha de maiores dimensións. Os sucos ten unha fondura aproximada de 2 cm.

Estas gravuras fan de límite entre os concellos de Xunqueira de Espadañedo e Montederramo, así como das parroquias de Xunqueira de Espadañedo (Santa María) e As Chás (San Xoán).

Este penedo foi afectado por o lume, facendo que en algunha zona salten anacos do granito.

Fotos: David Gavilanes


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.320883
Lonxitude: -7.609394
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84