Outra fotografía:

Tipo de ben: Castelo,
Concello: Salvaterra de Miño
Parroquia: Salvaterra (San Lourenzo)
Lugar: O Castelo
Outra denominación do ben: Fortaleza de Santiago de Aitona - Castelo de Aitona
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

O que hoxe podemos ver neste lugar é o reducto central e parte do foxo do que foi un das moitas fortificacións feitas no contexto da Guerra da Restauración da independencia portuguesa (1640-1668) polas forzas monárquicas españolas para controlar as incursións realizadas polos portugueses a partir da Fortaleza de Salvaterra (http://patrimoniogalego.net/index.php/19955/2012/05/fortaleza-de-salvaterra/)

A construción do Castelo de Santiago de Aitona comezou no ano 1646. O deseño da construción foi do capitán Juan Ruyz de Quecedo. A construción a levou a cabo Pedro de Muzabal nun tempo record.
Orixinariamente tiña un recinto cadrado con catro baluartes (San Bieito, San Felipe, San Guillén e Santa Ana), cortiñas, foxo, dependencias interiores e unha gran plaza de armas central. Estaba rodeado dun segundo recinto amurallado exterior de planta moi irregular, con baluartes, semibaluartes e puntas rodeadas dun foxo. Nesta defensa exterior tiñan cabida os campamentos de catro Tercios e oito Milicias.

Este construción debe o seu nome ao Apóstolo Santiago, en cuxa festividade se consagrou, e ao Capitán Xeneral de Galicia, D. Guillen Ramón de Moncada, Marqués de Aytona, que foi o impulsor da súa construción.

O Castelo de Santiago de Aitona atópase inscrito dende o 17 de outubro de 1995 no catálogo de monumentos do Patrimonio Histórico de España (RI-51-0008972).


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:

A prensa dixital do 2 de setembro de 2020 recolle a denuncia da Asociación Lazoiro polo uso de maquinaria pesada para movemento de terras, tallas de árbores e levantamento dun muro de grandes dimensións (ver referencias bibliográficas).


Referencias bibliográficas:

http://www.academia.edu/16579260/O_forte_de_Santiago_de_Aytona_Salvaterra_de_Mi%C3%B1o_
http://castillosdeespana.es/es/content/castillo-de-santiago-de-aytona?qt-node_activities=0#qt-node_activities
http://fortalezas.org/index.php?ct=fortaleza&id_fortaleza=1285&muda_idioma=ES

DENUNCIA 2 DE SETEMBRO DE 2020

Novo atentado con maquinaria pesada contra unha fortaleza BIC das guerras entre Galicia e Portugal

Denuncian o uso de maquinaria pesada na contorna dun castelo en Salvaterra


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.0920466083
Lonxitude: -8.49505232645
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84