Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Abegondo
Parroquia: Limiñón (San Salvador)
Lugar: O Souto, Limiñón
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Situada nunha área rural, a igrexa de Santo Estevo presenta planta rectangular e unha soa nave. Os muros son de carga e preséntanse revocados e pintados de branco no interior, mentres que, no exterior, os ocos, esquinais e espadana quedan coa pedra á vista. San Salvador presenta ó interior tres espazos: nave, presbiterio e sancristía; que se evidencian no exterior nas diferentes alturas de cada un dos corpos, sendo a súa cuberta a dúas augas na nave, a tres na sancristía e a catro na ábsida, con cubrición de tella curva do país.
Os espazos da nave e do presbiterio están delimitados por un arco triunfal, apoiado sobre pilastras, mentres que a sancristía ocupa un espazo rectangular situado tralo retablo do altar maior. A nave posúe unha bóveda rebaixada e forrada de madeira e, aos seus pés, sitúase un coro feito cunha estrutura de formigón e balaustrada de madeira. Dende o coro accédese o campanario polo beirado da fachada. O chan da igrexa está formada por pezas de cantería recuperadas da antiga igrexa de Limiñón. En canto á ornamentación, é destacable o retablo neoclásico, de tres panos e dous pisos, no que predomina a verticalidade sobre a horizontalidade, e no que se empregou unha policromía que simula o mármore.
A fachada de traxa sinxela e dende un eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante unha porta rectangular adovelada. Sobre o ingreso vai un pequeno oco semicircular que ilumina o coro e, rompendo o vertice da fachada unha base para unha espadana de dous corpos flanqueada por dous pináculos piramidais. O primeiro corpo da espadana está formado por dous arcos de medio punto sobre piares moldurados que serven pra aloxa-las campás. O segundo un frontón triangular curvo cun oco de arco de medio punto, coroado cun pináculo moldurado e flanqueado por dous pináculos piramidais rematados con bola.
Como noutras igrexas do rural galego, aparece o cemiterio dentro do recinto do adro, formando un conxunto onde conviven a parroquia dos mortos e a parroquia dos vivos.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– SORALUCE BLOND, J.L.; FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña, Abegondo, Betanzos, Irixoa, Miño, Paderne e Vilarmaior”. Volume VII. Deputación Provincial da Coruña, 1997.

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ABEGONDO/documents/27648ca006.PDF (Páx. 3).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.2478352405
Lonxitude: -8.23480998593
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84