
Outra fotografía:
Tipo de ben: Ponte,
Concello: Agolada / Deza (comarca)
Parroquia: Ferreiroa (San Pedro)
Lugar: Gurgueiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Altomedieval,
Descrición:
Ponte Medieval, no camiño Real, moi preto do Castro de Parada, e a Igrexa Románica de Alperiz, que unía a banda de Lalín con Agolada, salvando as augas do rio Arnego. Construída no ano 970, ten dous arcos de medio punto e taboleiro con grandes laxes de pedra. Une aos dos concellos polas parroquias de Parada e Gurgueiro. É a única que queda das 6 pontes medievais que enlazaban a comarca do Deza con Antas de Ulla. Por ela pasaba un camiño real que ía dende Lalín ata Taboada.
No estudio dos camiños medievais de Galicia, de Elisa Priegue, entre outras publicacións, cítase o seu paso, e pago do portazgo obrigado, estando exento estudiantes, mais non os cregos.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Segundo a xente do lugar de Laxosa, Gurgueiro (Agolada), a pedra fundacional, estaría no fondo do río, polo que se podería recuperar.
A Ponte dos Cabalos tivo especial importancia nas guerras carlistas.
Así no ano 1835 o isabelino Tizón defendeuse na ponte no lado de Lalín
resistindo o ataque de 300 homes dirixidos polo cabecilla Saturnino, que
fora monxe en Monforte (fonte Reseña Histórica del Condado de Deza
escrita por Francisco Vilariño). No ano 1837 o Tenente Coronel Rafael de la
Torre mandando dez homes bateuse co cabecilla carlista Villanueva
matando a dous dos seus homes e incautandolle armas e munición (Blog
Aquam Latam).
Historia recente do ben:
Sobre as frías e cristalinas augas do río Arnego, a ponte dos soños, mantense contra vento e marea a pesar dos pesares facilitando unha vía de paso natural no límite xeográfico que o río marca entre os concellos de Lalín, no lugar de Parada e Gurgueiro de Agolada,-“Auga Levada”-, terra barrenta e chairega de brañas enlamadas, xenerosa en ríos, regatos, canles, como o lentisco, o Ferreiroa, o Vila, o Buxel, e dende logo e o Arengo e o río dos ríos, o Ulla.
Máis de mil anos de resistencia e patrimonio histórico das herdanzas contempla as súas pedras, moitas delas xa dende o fondo do río mesmo, de centos de miles de pasos calados de labregos sumises, de camiñantes extraviados, de peregrinos e viaxeiros en pos de mellor fortuna, historia de vida mesma dun tempo e unha forma de vivir desaparecida para sempre.
A data mais posible de remate da fabrica nos fala do ano 970 da nosa era. Mágoa de pedra fundacional, que sen dubida existiu, como noutras pontes máxicas, tales como a de Vilariño, ou a de Tuiriz, marco igualmente natural cara os lugares veciños de Vila de Cruces, nas que a fortuna gardounas para a nosa contemplación é ledicia , aínda que tan so queda constancia dela nos escritos de “Vilariño de Moimenta” que puido lela no século pasado -Era DCCCIIC, tal e como relata no seu manuscrito sobre a historia da comarca , e da que nos fala Aurora Gonzalez Arean, no seu traballo para o Anuario de Estudos do Deza num. 10 importante traballo, feito precisamente sobre a ponte da que estamos a falar.
No entorno natural da -ponte que non existe-, como foi definida polo escritor e poeta Xosé Vázquez Pintor, dáse a conxunción de diversos e variados elementos naturais da nosa biodiversidade, que xa por si so farían a ledicia de calquera, aínda mais cando podes disfrutar delas de forma xenerosa e marabillosa; O río, e o seu curso as veces en fervenzas e remuíños tormentosas, e outras cun transido e morno discorrer a beira do castro de Parada e na súa ribeira, Salgueiros, Ameneiros, Bidueiros, Carballos, e unha flora e fauna abundante e variada, pequenas illas feitas polo traballo de sedimentación das augas, tostas e varios muíños, lamentablemente algúns xa tan so ruínas, outros ata fai ben pouco tempo aínda moian, sen esquecernos da proximidade tanto de Alperiz como río abaixo de Muimenta verdadeiros parques arqueolóxicos, con importantísimos restos de varias mámoas e pètroglifos, restos que nos falan de asentamentos e cultura castrexa de certa importancia na nosa historia na que ocupan lugar de relevancia por unha banda a igrexa románica de Alperiz, e no outro lado a de Ferreiroa, e sería inxusto esquecer nomear a de Ventosa, aínda que xa un pouco mais afastada, paga a pena no noso caso facer uns kilometros e achegarse na súa contemplación e os baldaquinos polos que mereceu a denominación de Catedral do Rural.
Espazo a protexer onde se atopa un mundo cheo de vida vexetal , unha arquitectura de auga, con pasares e desniveis para o aproveitamento óptimo do Río, muíños, tostas, canles, murádellas de pedra que couta as augas das enchentes e agocha a ribeira da erosión, tan ben feitiña, de tanto amor dos devanceiros labregos e as xentes do agro, camiños perfectamente enlousados que habilitaban o paso esforzado dos carros a tiro de bois e cabalerías, que estamos a perder e desaparecer de pouco.
Carros cantarins de rodas de madeira feitas a golpe de ferreiro, nas que a xente levaría as feiras desenvolvidas no noso recinto feiral Dos Pendellos, museo vivo da pedra, as mercadorías e produtos da terra previo pago do Portazgo, ou imposto sobre o dereito de paso, practicamente o único do que quedou constancia na escrita medieval que saibamos, e que sería un tributo real subrogado como fonte de ingresos e arancel sobre as persoas e mercadorías, por delegación rexia ou mercé daqueles, os señores dos castelos, fortalezas e Pazos e a nobreza, encargada da vixilancia, seguridade e custodia dos camiños. Unicamente quedaban exentos da obriga do portazgo; os peregrinos, os monxes, os homes santos dos señoríos monacais, os estudantes, e os afortunados posuidores de privilexios reais, así como determinadas mercadorías, materiais de traballo, e bens de consumo propio. Pero curiosamente non estaban eximidos do seu pago, os cregos, nin os cabaleiros.
Tras el pago correspondinte, o viaxeiro recibía do portazgueiro, o oportuno “albalá guía”, recibo e pase que acreditaba o seu dereito de paso libremente. Non existe demasiada literatura que avale fehacentemente este portazgo, o que si está claro é que tería que ser moi gravoso para os labregos e comerciantes sometidos continuamente aos abusos e espolios dos máis fortes militarmente falando, polo que buscarían novas e as veces perigosas vías de paso e outros camiños non oficiais, máis difíciles, pero libres destes tributos que espoliaban o seu xa por si escaso pecunio.
No caso da Ponte dos Cabalos, a coñecida como pedra do portazgo, atopábase no lugar de Parada, non podemos esquecer que polos estudos da toponimia é coñecido o termo, Parada, Paradela; como lugar o longo dos camiños do Pais, no que se pagaba a “Parata” , imposto o portazgo, tal e como nos da conta no seu libro “Los Caminos Medievales de Galicia, Dñª. Elisa Ferreira Priegue, Boletin Avriense anexo nº.9.
O paso inamovible do tempo o abandono da nosa forma de vida tradicional,o despoboamento das vilas e aldeas, a mellora das vías de comunicación moderna por estradas e todo un cúmulo de despropósito están a se converter na causa, posiblemente a derradeira causa da desaparición a que esta condenada a vella ponte medieval, na que a degradación progresiva ante a ignorancia e desidia das autoridades, mostra xa signos evidentes.
A Ponte dos Cabalos, e unha boa mostra de construción en cantería cando os camiños eran de intelixente trazado e construción, pragmatismo e fermosura que hoxe son case unha ousadía . Afortunadamente os romanos deixaron excelentes pontes no seu paso polo Pais, moitos dos cales foron adaptados, mellorados e empregados na época medieval, recuperando as antigas vías, con obras de reparación e conservación nas que se ían aplicar as novas técnicas desenvolvidas o que a postre significou a desaparición de moitas das características destas fábricas romanas.
Paralos estudosos e entendidos na materia o mais característico nunha ponte romana, é o arco de medio punto, e os taboleiros a dúas vertentes, xa que perante a súa construción, ao minguar o río no estiaxe, a ponte edificábase dende abaixo coma un acueduto, con calzada plana, en tanto que nas pontes xa medievais, aplicaríase a arte gótica, co arco oxival, e con rampas, o que facilita nas enchentes dos ríos e cas chuvias as filtracións que deñan a estrutura da mesma, xa que as augas esvaran polas rampas, sen estacionar nin encharcar a ponte .
No caso da nosa Ponte, atopamos un taboleiro plano xa que o camiño ven baixando con pendente non excesivamente pronunciada, e a calzada con unha lixeira inclinación, para desaloxar a auga de chuvia evitando enlamados, con dous Ollos, o principal abarcando practicamente todo o caudal do río, mais elevado e amplo para permitir as enchentes das augas, salva e da paso franco ao camiño empedrado do que aínda pódense contemplar algún que outro treito primitivo, entre as xestas, silvas e o mato do monte, que no medievo usaban carros, e persoas de a pé que dunha banda chegaban polo ponte de Pedroso, (Rodeiro), baixando da serra do Faro, polo camiño de inverno a Compostela, para peregrinos e viaxeiros, cando o Cebreiro e o Alto do Poio facían a viaxe unha aventura practicamente imposible pola neve e o frío invernal, e recollían do outro ramal os de A Veiga (Lalín), e forma parte da época dourada no século X, das vías e camiños principais de comunicación, xunto coas pontes xa mencionados de Pedroso, Taboada, que afortunadamente aínda se conservan, e os de Vilariño , Carmoega, Mourazos e Toiriz, desaparecidos. Para coñecer mais do tema me remito o estudo de Elisa Ferreira, xa comentado, no que explica cales foron as principais vias de comunicacion no medievo. Como curiosidade resaltar as marcas de cantería que en algunhas pontes pódese distinguir e que era característico das construcións medievais, castelos, igrexas, torres defensivas, etc. e que aquí non atopamos.
No seu decurso, o Arnego tras cruzar baixo a Ponte dos Cabalos, colle forza e ritmo entre grandes penedos e paredes rochosas esculpidas en curiosas e as veces imposibles formacións pola forza e o paso inexorable das augas , ata albiscar a Ponte Vilariño onde se asenta a central hidroeléctrica do Arnego, complicando en exceso o paso polo estreito sendeiro de pescadores as veces completamente perdido na humidade das follas putrefactas dos carballos, que desaparecen de cando en vez deixando ao descuberto praderías, zarras e mais dunha zona chairenta e enlamada polos regados que baixan enfebrecidos buscando o leito do río, onde se agochan as troitas na procura dos nutrientes que estas transportan .
Escasamente a uns poucos metros da ponte atopamos os restos dunha vella tosta, da que sae unha canle que recollía a auga para dous impresionantes muíños, dos que xa non quedan senón as ruínas tapizadas polo musgo éntrelas silvas e o silencio absoluto que tan so racha o murmurio das augas. No seus mellores anos semella que foran dous muíños xuntos, con cheminea e dúas entradas independentes, e abertos polo seu fronte onde o rodicio devolvía a auga o río a unha impoñente parede rochosa, que te fai pensar que de seren troita adoitabas este lugar para vivir.
Pouco mais adiante volves a atopar outro novo muíño que recolle o caudal dun regatiño que morre no río grande e antes de entrar en terras de Cadròn, o río vai quedar emparedado en penedos e paredes de pedra que escurecen o curso dos rápidos e pequenas fervenzas, xa case que ata a zona dos chamados muíños das Lamas, que recolle caudal do rego do Ferro, ao parecer segundo algunhas fontes de investigación, usado nas explotacións mineiras de Ferreiroa, posiblemente no medievo. Ver traballo de Aurora Gonzalez Arean, no mencionado anuario de Estudos do Deza, para saber mais.
Se queremos enfocar o noso camiño río arriba, tampouco atoparemos facilidades para a andaina, xa que salvo os sendeiros de pescadores non hai roteiro posible que facer, polo que teremos que armarnos de paciencia e camiñar -a modo- para non esvarar e caer as augas, as veces sobre os penedos mesmos, ata chegar a Ponte nova do Porto, moderna construción feita en tempos recentes para dar paso entre Alperiz e Gurgueiro, a estrada que vai a Ventosa, da vella ponte que existiu ata non fai moito, grandes lousas de granito apenas quedan restos .
A lamentable situación de abandono e esquecemento que está a provocar o seu progresivo deterioro foi denunciada, tal e como recolleu Faro de Vigo, en Novembro. do ano 2011, en artigo de Salome Soutelo, pola desaparecida Asociación Amigos dos Pendellos de Agolada, no ano 2009, cursándose mesmo invitación ao Director Xeral de Patrimonio, naquel entón do tripartito, D.Juan Manuel Rey, visita que nunca chegou a realizarse e que sería bo cursar de novo as autoridades competentes na materia na actualidade coa implicación dos actuais Alcaldes dos Concellos de Lalín e Agolada, e na que puideran comprobar a desaparición de diversas pedras do petril, os danos causados polo ancheamento da pista de zahorra, así como a posibilidade de recuperar as que dormen no fondo do río, a pedra da marca do Portazgo, que indicaba a obriga de pago dun tributo real polo cruzamento do río, así como a limpeza das marxes de ramas e troncos das arbores que os sucesivos temporais levaron a formar tostas naturais, que fan de tapón cando hai avenidas, mesmos obrigando a forza do río a pasar por riba dos sillares de pedra desta fermosa Ponte dos soños, co perigo evidente que elo significa para a súa integridade outros mil anos.
Por certo, éntrelas anécdotas e disparates que pululan pola rede- a xente ten tendencia a crer en todo ou case todo o que le en internet- atopei esta xoia nunha paxina oficial de turismo de Galiza que transcribo tal cal, por suposto en Castelán, falando da igrexa de Ventosa;
“Cerca de allí se encuentra también un puente romano muy famoso, sobre el río Arnego (límite natural entre los municipios de Lalín y Agolada). Se le conoce como el Puente del Portazgo. El portazgo era el impuesto que antiguamente había que pagar a los vigilantes de Roma que custodiaban el lugar para poder cruzar el puente. Incluso en las inmediaciones está la piedra en la que los romanos se situaban para cobrar el impuesto. Una leyenda popular dice que este puente tenía un poder teletransportador que hacía que quién cayera al río desde allí fuese absorbido por un agujero y devuelto en otra parroquia situada a varios kms.”
Angel Utrera.
Referencias bibliográficas:
Priegue Ferreira, Elisa M. Los caminos medievales en Galicia. Fuentes documentales.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/LALIN/documents/0808CA011.PDF
pax. 12
Na prensa
http://www.farodevigo.es/portada-deza-tabeiros-montes/2016/08/03/lalin-agolada-solicitaran-ayuda-gdr/1509295.html
http://www.farodevigo.es/portada-deza-tabeiros-montes/2011/11/15/ponte-cabalos-lucha-elementos/597613.html
Acceso ao blog de Manuel Busto “Aquam Latam”. Entrada sobre a Ponte dos Cabalo
http://aquamlatam.blogspot.com.es/2010/04/reivindicacion-da-ponte-dos-cabalos.html
http://aquamlatam.blogspot.com.es/2016/02/batallas-carlistas-na-ponte-dos-cabalos.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
En estado de perigoso deterioro, recentemente o Concello de Lalín chegou a un acordo coa Xunta de Galicia, para a súa recuperaciòn.
Onde está localizado
Latitude: 42.7260795242Lonxitude: -8.02599488459
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
4 comentarios
adela suma says:
Abr 1, 2018
Coma información complementaria engado o enlace á ficha do catálogo (ficha 5 – 2, páxina 12)do planeamento vixente en Lalín (PXOM 1999):
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/LALIN/documents/0808CA011.PDF
Angel Luis Utrera Baza says:
Abr 1, 2018
Moitísimas grazas. Complementa perfectamente a información e o meu artigo
Oscar Franco says:
Set 29, 2020
A Ponte dos Cabalos na prensa dixital do 28 de setembro de 2020:
http://historiadegalicia.gal/2020/09/lalin-e-agolada-rehabilitan-a-ultima-das-seis-pontes-medievias-que-uniron-o-deza-coa-ulloa/
Oscar Franco says:
Out 14, 2020
A Ponte dos Cabalos nvolve a ser noticia na prensa dixital do 10 de outubro de 2020:
https://galego.farodevigo.es/portada-deza-tabeiros-montes/2020/10/10/lalin-pondra-entorno-ponte-cabalos/2352036.html