
Outra fotografía:

Tipo de ben: Fonte,
Concello: Baños de Molgas
Parroquia: Poedo (Santa María)
Lugar: A Fonte
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Conxunto de fonte e lavadoiro. A fonte en cantearía de granito, o lavadoiro feito no século XX en formigón e pedra. Ten unha estrutura metálica que suxeita a cuberta tamén en chapa metálica. Polo lado sur ten un muro de bloques de formigón.
A fonte da modalidade de capela está gorecida por unha cuberta a unha única auga, aparece protexida e embalsada nun cubo granítico levantado en perpiaño de boa calidade, aberto na súa fronte. Este cubo ten en planta unhas medidas aproximadas de 1,5 m. por uns 2m de fondo, a súa parte traseira queda inxerida no muro do eido adxacente.
A cuberta está feita por dúas grandes pedras que cobren o cubo, protexendo a fonte a unha auga.
Antigamente era utilizada para o consumo da xente e mais para o gando, a auga sobrante pasaba cara o lavadoiro ou seguía cara os lameiros próximos.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.19094Lonxitude: -7.6927
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84