Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Poio
Parroquia: Poio (San Xoán)
Lugar: Mosteiro de San Xoán
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Cruceiro de tipo “De Crucifixo” con plataforma cuadrangular de cinco chanzos con voo e pedestal cúbico rematado cun bocel. Na cara do anverso ten unha inscrición que di: “EXVOTO I E DI DE 1810 ANO”. O varal é circular estriado, conta con 16 estrías e comeza cuadrangular cunhas molduras que rematan en espirais. O seu capitel é circular, astrágalo circular e con ábaco con catro lados curvos con querubíns e caveira sobre tibias afastadas por espirais e ringleira de follas por abaixo. A súa cruz é rectangular cos paramentos recadrados. No seu anverso presenta a Cristo Crucificado por tres cravos, bendecindo con ambas mans cos dedos índice e maior estirados e co pé dereito sobre o esquerdo. Inclina a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas e un pergamiño coas siglas INRI. O seu pano de pureza vai anoado á dereita. Polo reverso da cruz fica a Virxe Coroada, cos dedos das mans entrelazados e sobre a cabeza dun anxo con ás. O cruceiro é todo de pedra cun bo estado de conservación.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

-FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA NÚÑEZ, E.: “Cruces, cruceiros e petos do concello de Poio”. Colección historia e etnografía galegas. Volume XXXI. Asociación para a cultura e a ecoloxía, 2007.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.4460964857
Lonxitude: -8.68542806339
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84