
Outra fotografía:
Tipo de ben: Necrópole,
Concello: Cangas
Parroquia: Aldán (San Cibrán)
Lugar: San Cibrán de Aldán
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Altomedieval,
Descrición:
Situado no alto dun penedo de grandes dimensións, xunto ao Pazo de Aldán, aparece labrado na pedra este sartego. A cavidade mide 180cm de longo por 52 de largura, está orientado en sentido ENE-WSW, coa parte máis estreita (os pés) cara o abrente, e a máis cumprida (a cabeza) cara o solpor. Pola tipoloxía, dedúcese unha cronoloxía altomedieval, probablemente de época sueva-xermánica. Descoñécese a súa función exacta: podería ser unha tumba ou ben un nicho para uso penitencial. No penedo hai marcas claras de ter servido de asento ou alicerce a unha construcción, con rebaixes para asentar perpiaños, e furados para trabes ou postes, que poderían indicar que neste lugar se erguía unha antiga capela, ou ben segundo algunhas opinións, probaría que foi este o soar da primeira torre do pazo de Ardán, antes da construcción da actual, debaixo do con.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.278618570188335Lonxitude: -8.815553337335587
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


(3 votos)
620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





3 comentarios
fralonso says:
Feb 12, 2012
Na tradición oral é coñecido como a tumba do demo.
Oscar Franco says:
Nov 29, 2014
Os veciños do lugar tamén lle dan o nome de “cama do Demo” ou “cama do xudeu”.
http://pescuda.blogspot.com.es/2014/11/sobre-cama-do-demo-e-antiga-torre-de.html#more
Oscar Franco says:
Nov 28, 2019
Engado estes enlaces web sobre o sartego:
https://megaliticia.blogspot.com/2019/02/sarcofago-da-laxe-aldan.html?m=1
https://misteriosleyendasdegaliciayasturias.wordpress.com/2018/02/28/cama-do-democama-do-xudeu-leyenda-de-la-cama-del-demonio-cangas-pontevedra/