
Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Mariña Oriental (comarca) / Ribadeo
Parroquia: Piñeira (San Xoán)
Lugar: Barreiro
Outra denominación do ben: Castro de Piñeira / Os Castros
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
Castro emprazado nun saínte costeiro e que se carateriza polo seu relevante sistema defensivo. Segundo a ficha do catálogo do PXOM : Únese a zona continental mediante un istmo rochoso e ao norte está a Illa do Castro, onde se localizan referencias sobre a existencia de restos materiais antigos.
O asentamento esta conformado por un posible recinto único e onde se combinan elementos defensivos tanto naturais como artificiais. A protección natural do recinto vén dada pola existencia de acantilados de acusado desnivel na punta rochosa en que se sitúa.
As defensas artificiais concéntranse no istmo que o une á terra na parte meridional do xacemento.
Atendendo a descrición do catálogo arqueolóxico: “Nesta zona un primeiro parapeto de terra delimita o recinto das estancias sucedido polo exterior por unha liña de foso; entre ambos cerran a entrada ao castro no propio istmo. Xa na parte continental aparecen novas liñas de defensa, que nalgún caso só se conservan parcialmente. Así cara ao extremo SE obsérvanse parte de dous novos parapetos, nos que se intercalan outras dúas liñas de fosos, deles, tan só o foso máis externo conserva visible a totalidade do seu trazado, en forma de arco, estando ademais protexido por un novo parapeto, o cuarto, que se conforma coma a última liña de protección observable no xacemento”.
A foto desta ficha é autoría de Humberto Palacios Pool (Mariña Patrimonio)
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA27051006
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/RIBADEO/documents/27886ca007.PDF (páxina 10 do pdf)
No visor do PBA (Xunta de Galicia)
http://visorgis.cmati.xunta.es/cdix/descargas/PlanBasicoAutonomico/fichas_patrimonio/Patrim_Cultural_27051/Ficha_27051_9037.pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.5538141664Lonxitude: -7.07506653419
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
2 comentarios
elixiovieites says:
Abr 10, 2018
Nota de edición: Acceso á documentación da bibliografía
desta ficha do Castro de Fornelos (Piñeira, Ribadeo)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/RIBADEO/documents/27886ca007.PDF (páxina 10 do pdf)
A información do castro no visor do PBA (Xunta de Galicia)
http://visorgis.cmati.xunta.es/cdix/descargas/PlanBasicoAutonomico/fichas_patrimonio/Patrim_Cultural_27051/Ficha_27051_9037.pdf
Web do Visor do Plan Básico Autonómico. SITGA
http://mapas.xunta.gal/visores/basico/?locale=gl
elixiovieites says:
Abr 10, 2018
Unha imaxe lidar do Castro de Fornelos .
LiDAR-PNOA cedido por © Instituto Geográfico Nacional- Xunta de Galicia. SITGA