
Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Carballiño (comarca) / O Irixo
Parroquia: A Cidá (Santa Mariña)
Lugar: Orros
Outra denominación do ben: Castro da Cidá
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
Castro situado a 587 metros de altitude no cume dun outeiro ao norte do lugar de Orros denominado o Coto do Castro. Está rodeado polo río Coedo, afluente do Viñao, polas bandas oeste, norte e leste. A croa do castro, de forma elíptica esténdese de norte a sur acadando unha lonxitude duns 220 m. no eixo norte sur e uns 50 no leste-oeste. Está defendida por unha muralla de terra que cingue todo o recinto. No interior do castro pódense ver unhas casas e o que deberon ser os muros de propiedades agrícolas.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA32035002
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OIRIXO/documents/0530CA001.PDF (páxina 1 do pdf)
A información do castro no Visor PBA:
http://visorgis.cmati.xunta.es/cdix/descargas/PlanBasicoAutonomico/fichas_patrimonio/Patrim_Cultural_32035/Ficha_32035_700.pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.511926338Lonxitude: -8.131239271
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Oscar Franco says:
Nov 13, 2022
Segundo recolle o blogue O NOSO PATRIMONIO:
“a principios dos anos sesenta do pasado século XX foron localizadas unhas tortas de ouro e aramios que se perderon”.
https://onosopatrimonio.blogspot.com/2011/07/castros-de-galiza-ii.html