Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Poio
Parroquia: Poio (San Xoán)
Lugar: Mosteiro de San Xoán de Poio
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruceiro de tipo “De Crucifixo” con plataforma cuadrangular de catro chanzos e pedestal cúbico. Ten unha mesa exenta de pedra pegado ó primeiro chanzo. O varal comeza cuadrangular para logo ser circular, leñoso con nós. Nas caras da zona cuadrangular amosa os símbolos da Paixón: No anverso ten a coroa, lanza e hisopo; na dereita, tres cravos e unha imaxe desgastada; na esquerda, escada de sete chanzos e polo reverso, o látego. Tóda-las figuras están moi desgastadas. Pola metade do varal, na zona circular e polo anverso, hai unha figura que representa a San Miguel Arcanxo, sobre un pousadoiro monstruoso en forma de verme xigante. O capitel circular, de estilo corintio, ten o ábaco de catro lados curvos cos vértices achafranados e con cabeciñas de anxo e caveira sobre tibias en “X”, afastadas por espirais e ringleiras de follas de acanto na parte inferior. A súa cruz é circular, leñosa con nós. No anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos, mans pechadas e pé dereito sobre o esquerdo. Inclina a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas. O seu pano de pureza vai anoado á dereita. Polo reverso da cruz fica a Virxe Coroada cun pao na man dereita e co Neno no colo esquerdo. O cruceiro é todo de pedra cun estado regular a malo de conservación.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

-FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA NÚÑEZ, E.: “Cruces, cruceiros e petos do concello de Poio”. Colección historia e etnografía galegas. Volume XXXI. Asociación para a cultura e a ecoloxía, 2007.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.4459363491
Lonxitude: -8.68472274788
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84