Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruz,
Concello: Tui
Parroquia: Pazos de Reis (O Sagrario)
Lugar: Frinxo - Monte Aloia
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Situada no cume do monte Aloia, a Cruz de San Xulián presenta unha base de sección cadrada con contrafortes nos esquinais.
No alto do conxunto podemos ver unha cruz florenzada.
Nun dos laterais existe unha praca de mármore co a seguinte lenda:
“IESV CHRISTO DEO
SALVTIS PER IPSVM RESTITUTAE
ANNO MCM
POPVLI CINCENTES ALOIAM”

Esta cruz foi feita co motivo do Ano Xubilar de 1900 pola “Adoración Nocturna de Tuy”. É obra do arquitecto navarro Adolfo Fernández Casanova, e se inaugurou o 27 de maio de 1901.

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español; así o recoñece e garante a Lei 8/1995, do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: RI.000044169
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/TUI/documents/27513CA105.PDF (Ficha EET 137 – Páxina 122)
http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/
http://www.outono.net/elentir/2015/03/23/la-cruz-del-monte-aloya/
https://www.galiciamaxica.eu/galicia/pontevedra/comarca-do-baixo-mino/tui/montealoia/

ENLACES DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_es.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.081785057
Lonxitude: -8.68064771448
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84