
Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Tui
Parroquia: Rebordáns (San Bartolomeu)
Lugar: Monte Aloia
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XXI,
Descrición:
No adro da capela da Virxe das Angustias (http://patrimoniogalego.net/index.php/85991/2016/05/capela-da-virxe-das-angustias-e-o-martir-san-xian/#comment-6182) podemos ver este cruceiro de factura recente (2004) que nace sobre dous chanzos de sección cadrada.
A súa base moldurada posúe unha cartela coa seguinte inscrición:
“DONADO POR LA FAMILIA
GOMEZ RODRIGUEZ SEBASTIAN
EL 23-4-2004. SIENDO ENCARGADO
DE ESTE SANTUARIO EL M. I. SR. D.
RICARDO GARCÍA FERNANDEZ.
MONTE ALOIA – TUI”
O varal, de sección cadrada coas arestas rebaixadas, posúe dúas imaxes.
O capitel, decorado con motivos vexetais e cunchas de vieiras, da paso a unha cruz tipo latina na que aparecen as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso, e a Virxe das Dores co Neno no colo, daga no peito e sobre unha peaña con forma de bola e caveira no reverso.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: RI.000043277
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/TUI/documents/27513CA105.PDF (Ficha EET 32 – Páxina 33)
http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/
http://cruceirosdegalicia.xyz/Cruceiros/Web/3605514.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.0847306163Lonxitude: -8.6797511655
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




