Presentamos unha app que permite acceder de xeito cómodo desde o móbil ao catálogo de bens culturais de patrimoniogalego.net. Coa app exploramos a idea de paisaxe cultural, permitindo ver a finais de 2025 a xeolocalización de máis de 620.000 bens do patrimonio cultural material e inmaterial galego e interpretando o territorio procedentes de diversas fontes oficiais autonómicas. A app foi desenvolvida por Manuel Gago.

Accede a ela aquí:

https://patrimoniogalego.net/app/

Principais características da versión 1.0:

Xeolocalización

  • Vista xeolocalizada das fichas de patrimoniogalego.net con acceso ás páxinas detalle de cada unha delas no catálogo.
  • Vista da microtoponimia galega, procedente do proxecto Galicia Nomeada (Real Academia Galega / Xunta de Galicia).
  • Vista do Inventario do Patrimonio Cultural de Galicia, procedente da Xunta de Galicia.
  • Localización de bens próximos ao usuario.

Cartografía

  • Vistas de OpenStreet.
  • Vistas satelitais.
  • Vista de mapa de pendentes da Xunta (capa LiDAR).

Características da app

  • Modo búsqueda ultrarrápido
  • Filtrado de bens por tipoloxías
  • Localización do acceso
  • Asistente de intelixencia artificial para interpretación do territorio
  • Modo de realidade aumentada, para interpretar a paisaxe en dúas posibilidades: ‘preto’, para bens inmediatos ao usuario, e ‘lonxe’, para observar a paisaxe a longa distancia e detectar elementos relevantes.