O noso traballo


Fáltannos 2572 para chegar aos 15.000 bens catalogados!

patrimoniogalego.net recibe o premio Rodolfo Prada 2021

A familia de patrimoniogalego.net ten moito que celebrar. Non só os dez anos de proxecto. Agora tamén un premio! Recibimos a marabillosa noticia de que fomos galardoados co premio Rodolfo Prada 2021, concedido pola Deputación de Ourense. O xurado, a quen agradecemos a súa valoración, salientou a nosa faceta colaborativa e o traballo de recompilación do patrimonio de Galicia, inventariando máis de doce mil bens. patrimoniogalego.net foi premiado nunha edición na que resultou primeiro premio o Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO). Esta web foi tamén premiada canda o Festival Carballo Interplay. Damos tamén os parabéns a estas dúas iniciativas! O vindeiro venres 15 de outubro ás 19:00, no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense, dentro da programación da ICC Week 2021, recolleremos o premio que temos previsto empregar na mellora da páxina de patrimoniogalego.net. PG é un proxecto que naceu cunha fonda pulsión social e participativa, inventariar o...

Unha década da wikipedia do noso patrimonio

Corría o 17 de maio de 2011 cando o catálogo social en liña patrimoniogalego.es, que levaba meses xestándose, pasou a ser unha realidade. Dez anos despois, a que está considerada como a ‘wikipedia’ do noso patrimonio cultural vai camiño dos 12.000 bens inventariados por todo o país. Conta, de feito, con monumentos catalogados en todos e cada un dos 313 concellos galegos, comezando polo municipio de Pontevedra, onde arredor de 350 pezas figuran recollidas neste inventario virtual pioneiro mesmo no ámbito internacional. Á cidade do Lérez séguelle moi de preto Vigo, cun terzo de milleiro de fichas no catálogo. Pola súa parte, Baños de Molgas encabeza a lista dos concellos rurais cunha maior presenza, con máis de 270 bens catalogados, entre os que non pode faltar o santuario da Nosa Señora dos Milagres. Tocante á tipoloxía dos elementos inventariados, a icona galega que encarna o cruceiro é o tipo de...
Non pasa un ano por ti...ou si?

Non pasa un ano por ti…ou si?

Co gallo da Día do Patrimonio Mundial, dentro da oferta de actividades da Rede do Patrimonio Cultural, presentamos unha nova funcionalidade de patrimoniogalego.net: os Mapas Enfrontados. Os Mapas enfrontados é unha nova funcionalidade do catálogo de patrimoniogalego.net. O seu obxectivo é dotar ao catálogo dunha ferramenta que permite coñecer a...
Acadamos os 10.000 bens!

Acadamos os 10.000 bens!

Foi un soño, pero cumprímolo! Entre todas e todos acadamos os 10.000 bens culturais catalogados en patrimoniogalego.net. Pero quédanos moito traballo por diante. O petróglifo da Laxe da Presiña, en Gondomar, catalogado por Óscar Franco, é a ficha 10.000 de patrimoniogalego.net, o catálogo social do patrimonio cultural galego. O obxectivo...
A catalogadora Ana Chas: “Os bens peor tratados son os muíños de regato, en boa parte nun estado de total abandono”

A catalogadora Ana Chas: “Os bens peor tratados son os muíños de regato, en boa parte nun estado de total abandono”

Ana Chas é natural da Coruña, onde leva vivindo toda a vida. Así e todo, sinala que sempre estivo en contacto coas aldeas dos seus pais, ámbalas dúas nas proximidades da cidade herculina. Veterinaria de profesión, botou anos identificando todos os becerros nados en zonas eminentemente leiteiras. Tivo que ir...
Non nos queres ensinar o teu concello?

Non nos queres ensinar o teu concello?

Aínda hai moitos concellos de Galicia que a penas teñen un só ben. Vasnos deixar sen coñecer o que agochades aí? Anímate a colaborar! Consulta a lista de concellos "silenciosos".
Imaxinas todo patrimoniogalego.net dunha ollada?

Imaxinas todo patrimoniogalego.net dunha ollada?

Pois xa é posible. Presentamos patrimoniogalego.net para Google Earth! Trátase dunha ferramenta engadida e complementaria para seguir patrimoniogalego.net e empregalo en combinación dun dos programas SIG (sistemas de información xeográfica) máis potentes e populares de Internet.
Etiqueta ao teu redor cos nosos QRs!

Etiqueta ao teu redor cos nosos QRs!

Agora patrimoniogalego.net incorpora unha característica moi útil. Ao creares unha ficha, inmediatamente xeneras un código QR que podes imprimir en papel de etiquetas e empregalo para dar información aos camiñantes in situ sobre o lugar. Fai máis coñecido o patrimonio que te rodea cos QRs! No interior, podes ver un...
Precisámoste

Precisámoste

Para levar a cabo o proxecto, necesitamos xente que se comprometa a facer pequenos traballos de mantemento e coordinación no web. Consulta no interior as oportunidades de colaboración.
Un proxecto colectivo: inventariar todo o patrimonio cultural galego

Un proxecto colectivo: inventariar todo o patrimonio cultural galego

O patrimonio é dos cidadáns. Esta web quere facer o patrimonio para os cidadáns. Coñecer que é o que temos e en que estado se atopa.
ukmeds.co.uk/cialis-tadalafil
Últimos bens introducidos

Vía Crucis da igrexa parroquial de Santa María de Asados

Cruceiro no adro da igrexa parroquial de Santa María de Asados

Igrexa parroquial de Santa María de Asados

Cruceiro de ánimas da Baiuca

Peto de ánimas de Teaño

Cruceiro de Bermo

Cruceiro no adro da capela de Santo Antonio da Regueira

Capela de Santo Antonio da Regueira

Cruceiro da capela do pazo de San Antoniño

Capela do pazo de San Antoniño

Fonte ao carón do cruceiro con baldaquino do Santo Cristo de Xende

Cruceiro con baldaquino do Santo Cristo de Xende

Medorra Aberta

Cruceiro ao carón do peto de ánimas de Xende II

Peto de ánimas de Xende II

Peto de ánimas de Xende I

Reitoral de San Paulo de Xende

Cruceiro no adro da igrexa parroquial de San Paulo de Xende

Igrexa parroquial de San Paulo de Xende

Cruceiro ao carón da capela de Santa Lucía

Capela de Santa Lucía

Casa do Óptico

Cruceiro no adro da igrexa parroquial de San Martiño de Verducido

Peto esmoleiro de Santa Ana

Peto esmoleiro do Sagrado Corazón

Cruceiro no lugar da Igrexa

Cruceiro no adro da igrexa parroquial de San Pedro de Gaxate

Igrexa parroquial de San Pedro de Gaxate

Peto de ánimas da ponte de Gaxate

Cruceiro no cemiterio da igrexa parroquial de Santiago de Antas

ukmeds.co.uk/cialis-tadalafil