Para levar adiante o proxecto, precisámoste.
Aquí tes unha lista das oportunidades para participar.
Xestión web. UNHA PERSOA. Dominio de WordPress avanzado (hacking, custom fields, CSS, bases de datos, etc.). Traballará con Manuel Gago.
Textos de explicación sobre o Patrimonio Galego (aspectos xurídicos). DÚAS PERSOAS. Con coñecementos de dereito. Deberán responsabilizarse dos Apartados Lexislación e Como denunciar. Con experiencia práctica no ámbito das denuncias sobre patrimonio. Trátase de redactar estas breves guías sobre cuestións legais, non de tramitar denuncias. 😛
Grupo de editores. DÚAS PERSOAS. Revisan as novas fichas enviadas. Deciden cambios no modelo de catalogación. Establecen os Bens que pasan á Lista Vermella (bens en máis risco). Dominio do ámbito do patrimonio, traballo de campo, etc. Non se precisa ser profesional, pero si ter certa experiencia asociativa ou profesional vinculada ao patrimonio. Traballarán con Padín e Xosé Gago.
Grupo de Producción. UNHA PERSOA. Xestiona as relacións coas Asociacións polo Patrimonio e contacta con novas asociacións e entidades interesadas en introducir a súa información. Coñecementos do sector cultural e asociativo en Galicia. Traballará con Soledad Felloza.
Grupo de comunicación. UNHA PERSOA. Farase cargo das redes sociais. Coñecementos de comunicación corporativa. Traballará con Xurxo Salgado.
Catalogadores. TODOS OS POSIBLES. Pode ser calquera. O rexistro é gratuíto e rápido. Todos somos necesarios e importantes.
Últimos comentarios