Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Pontevedra
Parroquia: Marcón (San Miguel)
Lugar: A Barcia
Outra denominación do ben: Cruceiro da curva da morte
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
O cruceiro está a carón dunha fonte e non ten plataforma, tan só un baseamento de perfil rectangular cos lados menores paralelos ó chairo e arestas rebaixadas. Na beira esquerda, baixo o peto, no baseamento hai unha inscrición non lexible máis outra no reverso no que inda se pode ler:
IHS
AÑO DE 187-
Enriba do baseamento, pola beira esquerda, ten un pequeno peto de ánimas formado por un bloque rectangular rematado nun frontón curvilíneo. Na parte frontal inferior disponse a caixa para as dádivas e enriba un relevo moi erosionado na que inda se pode apreciar unha figura, San Francisco ou Santo Antonio, sostendo un cordón franciscano ao que se amarra unha das tres ánimas que arde debaixo, entre as lapas do purgatorio.
O capitel amosa collarino, motivos vexetais de forma esquemática, volutas angulares e querubíns na parte central, superpoñéndose ó ábaco e o equino convexos. No reverso, baixo a Virxe, mírase a caveira sobre as tibias que, normalmente, adoita estar baixo Cristo, feito que puido ser debido por un erro na montaxe, posiblemente un traslado o seres asfaltada a estrada.
A cruz, de sección circular e con nós. No anverso, Cristo crucificado baixo pergamiño de INRI e no reverso, a Virxe en aptitude orante sobre a gran cabeza dun querubín que lle serve de peaña.
O cruceiro é coñecido por algúns veciños como “Cruceiro da curva da morte”, por estar situada na beira exterior dunha curva moi pechada.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
O cruceiro é coñecido por algúns veciños como “Cruceiro da curva da morte”, por estar situada na beira exterior dunha curva moi pechada.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
RODRÍGUEZ CASTELAO, Alfonso: “As Cruces de Pedra na Galiza” (Edic. facsimilar). Vigo, Editorial Galaxia 2008. ISBN: 978-84-7154-470-4. (Láminas XVII, XLV e LIV).
“Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico.” BOE de 30 de marzo de 1963. nº 77. Páxina 5363. Dispoñible: https://www.boe.es/boe/dias/1963/03/30/pdfs/A05363-05363.pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.4241455371Lonxitude: -8.60881134868
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84