Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: A Cañiza / Paradanta (comarca)
Parroquia: Valeixe (Santa Cristina)
Lugar: O Outeiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Pequena capela feita a base de perpiaño granítico irregular encintado, de planta rectangular e cuberta a dúas augas con tella do país.
Na súa fachada principal podemos ver unha porta de acceso con arco escarzano á que se accede por medio de catro chanzos. Máis arriba un ocelo con derrame interno. O conxunto remata nunha espadana dun só oco, con pináculos nos laterais e cruz latina no cume.
No lado esquerdo da porta principal podemos ver un pequeno peto con tapa metálica. Na fachada posterior ten gravada unha pequena cruz de pedra.
Situada enriba dunha rocha, as medidas desta capela son de 9,20 m. de largo, 5,85 m. de ancho, e 3,5 m de altura de cornixa. A porta principal ten 2,20 m. de alto por 1,30 m. de ancho.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ACANIZA/documents/0764CA003.PDF
(Páxina 13)
http://www.caniza.org/?_=/el-ayuntamiento/parroquias/parroquia-de-valeixe&lang=es
http://arteenmipueblo.blogspot.com.es/p/blog-page.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.1637851466
Lonxitude: -8.26204061508
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84