Outra fotografía:
Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Ames / Santiago (comarca)
Parroquia: Bugallido (San Pedro)
Lugar: Quistiláns
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:
A estación de gravados está situada nun grupo de rochas que se atopa na paraxe do Souto, a uns 50 metros ao leste dun regueiro que discorre de norte a sur ata chegar ao río Sar. O afloramento granítico elévase do terreo no medio dunha carballeira, cerca da Ponte Cabrita e da marxe dereita do río Sar (foto secundaria desta ficha). Os gravados están en puntos altos dos penedos. Un deles consta dunha combinacións de tres círculos concéntricos duns 12 cm. de radio, na parte leste da rocha. Na parte surleste pódese ver unha segunda combinación de catro círculos concéntricos cun radio de 28 cm (foto principal da ficha). Os traballos de documentación do gravado da zona leste deu como resultado a aparición de dúas coviñas que se sitúan en perpendicular ao motivo circular, estando unha delas rodeada por un círculo. O petróglifo do Souto figura catalogado coa clave identificativa GA15078174.
Foto principal da ficha Sole Felloza.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA15078174
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Na prensa
En historiadegalicia.gal:
http://historiadegalicia.gal/2017/02/que-vai-pasar-co-petroglifo-de-santiago-ameazado-por-unha-depuradora/
En La Voz:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/ames/2017/02/17/hallazgo-petroglifo-pone-jaque-depuradora-souto/0003_201702S17C1995.htm
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
O petróglifo atópase moi cerca dos terreos onde se pretende situar a nova depuradora de augas residuais (EDAR) do Concello de Santiago.
Onde está localizado
Latitude: 42.8658723838Lonxitude: -8.61191868782
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
elixiovieites says:
Dec 2, 2017
Acceso web aos artigos de prensa sobre o petróglifo do Souto e a nova depuradora de augas residuais de Silvouta no concello de Santiago.
http://historiadegalicia.gal/2017/02/que-vai-pasar-co-petroglifo-de-santiago-ameazado-por-unha-depuradora/
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/ames/2017/07/31/aumenta-rechazo-vecinal-ames-depuradora-souto/0003_201707S31C1995.htm
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/ames/2017/02/17/hallazgo-petroglifo-pone-jaque-depuradora-souto/0003_201702S17C1995.htm