Outra fotografía:

Tipo de ben: Conxunto de vivendas (Cascos históricos, barrios, aldeas),
Concello: A Coruña
Parroquia: A Coruña
Lugar: Rego de Auga, nº 3-35 e Av. da Mariña
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

As normas constructivas municipais aprobadas no ano 1854 contiñan ordenanzas para a tipoloxía edificatoria das galerías, tanto nos seus aspectos constructivos e usos, coma na prohibición de construir galerias ou miradoiros nos pisos principais e primeiros.
Este conxunto da Mariña edifícase basicamente en dúas fases, a primeira entre 1870 e 1876 e a segunda entre 1879 e 1884. A galería é o elemento acristalado que se une ao edificio coma unha segunda pel e que non ten ningunha función estructural, de aí que os seus elementos deban ser lixeiros e potencien o contraste co muro, porque é un cerramento acristalado que se adianta ó plano da fachada como cámara térmica do edificio.
As galerías compóñense dunha repisa formada pola soleira, que se apoia en ménsulas ou canzorros. A partires desta superficie horizontal levántase a armazón de madeira composta por unha serie de barras de madeira na que encaixan os bastidores, cegos ou acristalados na parte inferior ou antepeito e totalmente acristalados na parte superior, con sistema de apertura de guillotina.
A galería é unha segunda pel de vidro que protexe á fachada da chuva e permítelle relacionar visualmente o interior co exterior. Posibilita a ventilación, ao mesmo tempo que capta a calor no inverno e permite refrescar as habitacións interiores no vran. É un illamento acústico e crea un efecto invernadoiro. Igualmente é unha prolongación da sala de estar que serve de comedor, de acceso a outros espazos e, na fachada posterior emprégase como almacén, tendal de roupa ou incluso aseo; por todo iso soluciona numerosos aspectos da vida na casa, incluso o de ser tribuna privilexiada para o cotián espectáculo da vida nas rúas.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– SORALUCE BLOND, J.R.; FERNANDEZ FERNANDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña, A Coruña”. Vol. VI, Deputación Provincial da Coruña, 1997.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.37019537779713
Lonxitude: -8.397685289382934
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84