Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Gondomar
Parroquia: Gondomar (San Bieito)
Lugar: Gondomar - Rúas Eduardo Iglesias e Elduayen
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX, Século XX,
Descrición:

Edificación do século XIX con posteriores reformas e engadidos ao longo dos anos, construída en cantaría granítica, de planta cadrada con baixo, primeiro andar e baixo cuberta cunha bufarda, e cuberta a dúas augas.
No conxunto destaca unha galería pétrea corrida sobre arcos de medio punto que foi unha das últimas modificacións que se levou a cabo e que foi proxectada polo arquitecto vigués Arturo Román Conde.

A casa Peralba posúe un escudo heráldico e unha placa en bronce no que se recolle que nela naceu Carlos Fuertes Peralba, primeiro locutor deportivo de España.
Outros elementos da propiedade son varias construcións adxectivas, un pozo con lavadoiro, un pombal e un hórreo.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:

Dende agosto do ano 2021 o Concello de Gondomar é o novo propietario deste ben, integrado no Catálogo do Patrimonio Cultural de Galicia.
O proxecto de rehabilitación mostra a nova funcionalidade do edificio: biblioteca municipal. (ver referencias bibliográficas).


Referencias bibliográficas:

ENLACE WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/GONDOMAR/documents/0788CA001.PDF (páxina 2)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/GONDOMAR/documents/0788CA004.PDF (páxina 16)
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/gondomar/2020/12/06/xunta-adelanta-300000-euros-compra-casa-peralba-gondomar/0003_202012V6C7991.htm
https://www.farodevigo.es/comarcas/2021/11/03/tesoros-casa-peralba-59092222.html
https://www.atlantico.net/articulo/val-minor/reforma-casa-peralba-activa-gondomar/20220316224527900223.html

https://www.farodevigo.es/comarcas/2022/05/18/santiago-bernabeu-visitaba-gondomar-66215877.html

https://www.farodevigo.es/comarcas/val-minor/2026/03/18/arranca-transformacion-casa-peralba-gondomar-128099921.html

BIBLIOGRAFÍA
SOLIÑO TRONCOSO, Antonio (2018). Percorridos polo patrimonio cultural da vila e concello de Gondomar de Miñor. Ed: IEM – Instituto de Estudos Miñoráns
SOLIÑO TRONCOSO, Manuel, MOSQUERA VELEIRO, José Luis, SOLIÑO TRONCOSO, Alfonso e SOLIÑO TRONCOSO, Antonio (1995). Gondomar. Historia, Arte y Territorio. Ed: Ir Indo


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.111547323693
Lonxitude: -8.7613244354725
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84