Outra fotografía:
Tipo de ben: Castelo,
Concello: Alfoz
Parroquia: Castro de Ouro (San Salvador)
Lugar: Castro de Ouro. O
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
Construído enriba de un antigo castro que estivo ocupado ata o século I despois de cristo, está situado na marxe dereita do río Ouro. No século IX fúndase un mosteiro sobre os restos do asentamento, e dous séculos despois, no XI, pasa a diocese de San Martiño de Mondoñedo que a fortifica. No século XIII é un mosteiro de carácter totalmente militar. Pardo de Cela era o seu dono cando no século XV morre, axustizado polos Reis Católicos en Mondoñedo en 1483. Volve a fortaleza á mitra mindoniense despois deste feito e convértese en residencia episcopal, e en 1546 fanse reformas sendo o rexedor o bispo Diego de Soto. Foi abandonada no século XVII. A finais do XIX é ocupado polo concello de Castro de Ouro que o arranxa a primeiros do século XX, e é destinado a Casa Consistorial e Xulgado Municipal. Na actualidade funciona como punto de información turística ,sala de exposicións e conferencias e mirador. Hoxe consérvase a torre da homenaxe e partes dos muros con seteiras e a capela de San Salvador . A torre cuadrangular remata con almeas , de muros de cadeirado de granito no que se lle abriron ventás nas reformas do 1546 e 1549, para facer a sede episcopal. As ventás da fachada da entrada ábrense nos tres andares e son de dobre arco no segundo e terceiro andar,e no primeiro son de dobre arco lobulado. No século XX ampliouse a porta de entrada e fixéronse máis ventás nos muros que alteraron o seu aspecto orixinal. O 17 de outubro de 1994 foi declarado BIC.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.527331007464376Lonxitude: -7.408647537231445
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
adela suma says:
Nov 2, 2015
ACTUALIZACIÓN: o concello carece de planeamento de seu;
engado o enlace (SIOTUGA) ao Inventario das Normas Subsidiarias
Provinciais de Planeamento que contén este ben (páxina 6489):
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/GALICIA/documents/LUGPA002.PDF