Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Condado (comarca) / Ponteareas
Parroquia: Angoares (San Pedro)
Lugar: Mosteiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Altomedieval,
Descrición:
Igrexa construída no século XII. Ten planta de cruz latina cunha nave maior, outra formando cruceiro e ábsida cuadrangular. Esta igrexa polas súas características, pódese considerar como un monumento único en toda Galicia dentro do estilo románico.Ten unha planta de cruz latina e ábside rectangular, soamente similar a Santa María de Tera, en Zamora. Entre os diversos elementos constructivos destacan o capitel historiado do seu interior, cunha iconograía difícil de concretar, e a excepcional colección, tanto polo seu número coma pola súa beleza iconográfica, de canzorros. A finais do século XIX a nave maior foi ampliada dotándoa dunha nova fachada occidental e da torre campanario; aínda que estas obras de restauración fixeron que se perdera parte do seu aspecto orixinal.
Destacan no seu exterior unha serie de canzorrillos que forman unha variada colección de follas en espiral, varios cuadrúpedos, diversas personaxes, cabezas de bóvidos e outros animais.
No seu interior sobresae o arco triunfal de directriz semicircular, dobrado, en arista viva e peraltado. O presbiterio cúbrese con bóvedas de crucería modernas ao igual que a nave. Os arcos de acceso aos brazos do cruceiro son tamén de medio punto cubríndose as respectivas naves con bóvedas de canón de traza probablemente primitiva. No testeiro da ábsida ábrese unha ventá de directriz semicircular apoiada nun par de columnas con capiteis decorados a base de motivos vexetais nun e un león no outro.
Nos seus inicios, a igrexa de San Pedro de Angoares pertenceu a un mosteiro benedictino.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
No muro norte da ábsida consérvanse unha banda prerrománica así como unha lousa con decoración de lacería que se atopa na sancristía.
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
https://drive.google.com/folderview?id=0B8ACfkgfAFaDLV9hTWdEWng5REk&usp=sharing&tid=0B8ACfkgfAFaDV2twRzVlMno0aG8 (Páxina 11)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/PONTEAREAS/documents/0861CA002.pdf (pax 1)
http://www.realacademiagalega.org/imaxin-boletins-web/paxinas.do?id=2674
http://historiadegalicia.gal/2017/08/viaxe-angoares-igrexa-de-orixe-visigoda-asenta-unha-vila-romana/
http://omeigodotea.blogspot.com/2019/05/os-templarios-no-condado-e-suas-pegadas.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.1657652942Lonxitude: -8.50334554911
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84