Outra fotografía:

Tipo de ben: Hórreo,
Concello: Carnota
Parroquia: Carnota (San Mamade)
Lugar: Cubelo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Hórreo feito a base de cantería de granito ben labrada. Apoia a cámara en 12 pés que comezan e rematan en sección cadrada, pero coas arestas biseladas, que os tornan de sección octogonal na parte central. Tornarratos cilíndricos que sosteñen os linteis da cámara. O peche desta faise con perpiaños de granito regularizado con apenas físgoas de ventilación horizontal. A cuberta é a dúas augas, realizada en tella curva do país. Remata a parte superior da cámara en beirado de pezas estreitas que acaban metidas nos penais. Os pinches van lixeiramente máis altos que o teito e leva sobrepenas,, no cume destas levan unha cruz sobre unha base con adorno de moldura cóncava.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8739198456
Lonxitude: -9.06072735786
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84