Outra fotografía:

Tipo de ben: Alpendres e edificios auxiliares,
Concello: Vigo
Parroquia: Oia (San Miguel)
Lugar: Canido
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Edificación da década dos 20 do século pasado feita en cantaría granítica cos muros revocados, de planta rectangular e cuberta a dúas augas.
Na súa fachada principal podemos ver un conxunto simétrico composto de fiestras en posición central e, aos lados, dúas portas de aceso enmarcadas con perpiaños graníticos. Tamén podemos ver un conxunto de letras en metálicas co topónimo do lugar: “CANIDO”.

O edificio deixou de funcionar no ano 1968, cando a compañía Tranvías Eléctricos de Vigo deixa de prestar servizo con este medio de transporte.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:

Dende fai uns anos o colectivo de veciños de San Miguel de Oia loita en prol da súa recuperación con diferentes propostas de uso.


Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/oia/2021/07/11/futuro-estacion-tranvia-canido-pendiente-negociaciones-concello-propietarios/0003_202107V11C4991.htm
https://www.atlantico.net/articulo/vigo/proponen-estacion-canido-como-albergue-peregrinos/20210516230227838992.html
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/vigo/2020/08/04/historica-estacion-tranvia-canido-expone-piqueta/0003_202008V4C3991.htm
https://www.farodevigo.es/gran-vigo/2010/01/30/patrimonio-proteje-estacion-tranvia-canido-17868920.html

REFERENCIA BIBLIOGRÁFICA
REBOREDA, Alberte (2021). A estación do tranvía de Canido. Un testemuño do Vigo ferido. Patrimonio, Faro da Cultura, Faro de Vigo – 17 de xuño de 2021 (en liña).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

A pesares da lei 5/2016 do patrimonio cultural de Galicia no que se pode ler que este tipo de bens “son expoñentes característicos da historia social, técnica e económica de Galicia”, a estación de Canido atópase nun total estado de abandono.

No ano 2010 estivo a piques de desaparecer pola construción de chalés na súa contorna.


Onde está localizado

Latitude: 42.190297382201
Lonxitude: -8.8002753898354
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84