Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Baiona
Parroquia: Baiona (Santa María)
Lugar: Baiona
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

Este cruceiro conta coa particularidade de ser o único cuberto cun baldaquino gótico en Galicia. Ten a súa orixe no século XV e utilizábase antigamente para facer misas en tempos de pestes e enfermidades, e tamén para os mariñeiros que se atopaban no porto de Baiona.
O baldaquino conta con catro pináculos rematados en bolas e unha cúpula piramidal para protexer o cruceiro das choivas e ventos. Ten un friso rematado con decoración xeométrica e vexetal.
No cruceiro atópanse as figuras comúns, o Cristo crucificado no fronte e a dolorosa na parte traseira. Conta tamén con representacións de outros personaxes bíblicos como a Magdalena e o apóstolo Santiago. Conserva pequenas trazas de policromía aínda que moi pouco perceptibles, xa que o cruceiro está bastante erosionado.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.11670062324603
Lonxitude: -8.845241367816925
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84