Outra fotografía:

Tipo de ben: Vivenda singular,
Concello: A Gudiña
Parroquia: A Gudiña
Lugar: Avenida do Beato Sebastián de Aparicio, s/n
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Edificación posiblemente construída no século XIX, feita en cantería granítica, de planta rectangular con tres andares, e cuberta a catro augas con lousa cun total de 1200 m2.

Na actualidade funciona como Casa da Cultura e albergue de peregrinos.

A bibliografía consultada aporta a seguinte información:
“A principios do século XX, a Casa da Viúva era un despacho de comestibles, café, estanco e surtidor de gasolina rexentado por Florinda Ortega Pérez, nai do alcalde gudiñés da Fronte Popular, Felicísimo Pérez Ortega.
Tralo golpe de Estado de 1936, a Casa da Viúva foi asaltada e Florinda Ortega foi levada presa á cadea de mulleres de Bande. O seu fillo Felicísimo foi quen de fuxir para evitar a execución.
En 1993 a Xunta de Galiza adquiriu a Casa da Viúva por 35 millóns de pesetas. A finalidade do edificio era a de centro de divulgación cultural, polo que foi adecuada con espazos para exposicións, conferencias e sala de audiovisuais. (…) En xuño do ano 2020 transcendeu á prensa que o edificio ía ser convertido en albergue de peregrinos.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Hosteleiro
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
https://gl.wikipedia.org/wiki/Casa_da_Vi%C3%BAva
https://www.diariodotamega.es/album/a-gudina/galeria-gudina-estrena-albergue-lujo/20210727160215015351.html#photo-7
https://www.nosdiario.gal/articulo/memoria/1936-caza-do-home-bisbarra-ourensa-das-frieiras/20201228185419112606.html

REFERENCIA BIBLIOGRÁFICA
Xosé Álvarez Castro, Xosé Ramón Ermida Meilán (coord.), Eliseo Fernández Fernández (coord.), Xoán Carlos Garrido Couceiro (coord.), Dionisio Pereira (coord.). (2017). Os nomes do terror. Galiza 1936, os verdugos que nunca existiron. Ed: Sermos Galiza


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.060515982325
Lonxitude: -7.1408151421254
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84