Outra fotografía:

Tipo de ben: Asentamento,
Concello: Gondomar
Parroquia: Donas (Santa Baia)
Lugar: Portavedra - Os Fiales
Outra denominación do ben: Estación paleolítca Chan do Cereixo
Cronoloxía: Paleolítico,
Descrición:

É un dos xacementos arqueolóxicos do Paleolítico máis destacados de Galicia. Foi descoberto polo arquitecto e investigador de temas arqueolóxicos Jaime Garrido que recorreu o lugar durante seis anos e logrou recoller unha extraordinaria colección de piezas paleolíticas.unhas duascentas pezas talladas de cuarcita (maioritariamente machetas de man de talla bifacial e utensilios cortadores) e tamén grande número de lascas pertencentes ao paleolítico inferior.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA36021089
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

Recolléronse unhas duascentas pezas talladas de cuarcita (maioritariamente machetas de man de talla bifacial e utensilios cortadores) e tamén grande número de lascas pertencentes ao paleolítico inferior.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/GONDOMAR/documents/0788CA001.pdf
(pax. 16 de 20)
Chan do Cereixo: una visión actual del paleolítico inferior en Galicia. Serie Patrimonio Vivo. Ed. Fundación Barrié.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

No mesmo lugar atópase unha pista de aeromodelismo, co cal o lugar é paso contínuo de persoas e vehículos.


Onde está localizado

Latitude: 42.06858553935954
Lonxitude: -8.775029182434082
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84