Outra fotografía:

Tipo de ben: Vila romana, Necrópole,
Concello: Mañón / Ortegal (comarca)
Parroquia: Bares
Lugar: O Porto de Bares
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Romana, Época Altomedieval, Época Baixomedieval,
Descrición:

Cerca do Porto de Bares e situada nun afloramento de cuarzo que destaca no entorno da praia atópase o xacemento do Peñón de Eirexa Vella. Unhas das investigacións do Porto de Bares foi a realizada por Federico Maciñeira, que en 1947 resumiu a súa investigación nunha obra titulada “Bares, Puerto hispánico de la primitiva navegación occidental”. Ao longo desta extensa obra dedícalle unhas páxinas a este xacemento chamado da Eirexa Vella, por ter emprazado no cume a antiga igrexa de Santa María de Bares. Novos estudos, como os levados a cabo por Emilio Ramil González no 1997 descubriron, a partires da estratigrafía, unha evolución na utilización do espazo a través dos séculos. Apareceron restos dun mosaico romana feito con pedra calcaria, restos cerámicos , metálicos, óseos e moedas, entre outros. As conclusións do estudo, segundo estruturas e material atopado, indican que houbo neste lugar unha vila romana , igrexa e necrópole, en dous períodos ocupacionais básicos, un antigo tardo-romano e outro medieval moderno. Tamén se evidencian contactos comerciais sobre todo marítimos.
Aínda que foi trasladada a igrexa no século XVIII ao cume do monte onde se atopa a vila de Bares , conservouse no lugar o topónimo “Eirexa-Vella”, e segundo Ramil aparece citado o penedo de cuarzo na carta náutica de Tofiño de San Miguel do ano 1787 como “Punta de la Torre”, e que se conserva ata hoxe entre os veciños como “A Torre”, posiblemente como apunta Maciñeira, polos restos do campanario que aínda se poderían apreciar. A antiga igrexa fora saqueda e queimada nunha ocasión polos piratas turcos no ano 1617 e segundo conta a tradición dende o Porto de Bares había unha calzada con soportais para acceder ao templo en días de mal tempo


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.academia.edu/3056402/Villa_romana_de_Bares._Excavacion_arqueoloxica_no_xacemento_Eirexa-Vella_de_Bares_-Concello_de_Manon-_A_Coruna_._Campana_1997


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.7692499099
Lonxitude: -7.67676115036
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84