Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Xinzo de Limia
Parroquia: San Nicolás de Novás
Lugar: Novás
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

Sen desmerecer a beleza de moitísimos templos da Limia Alta, e con permiso da igrexa de Vilar de Lebres, a igrexa románica de Novás cecais sexa a mellor conservada de toda a comarca, e tal vez de Ourense. Só a espadana da fachada, du dous corpos cadrangulares e un só oco, con dous pináculos no alto, sexa un engadido do século XVIII. O resto do templo é orixinal. Non é moi grande e por eso a conservación da estrutura foi menos atacada polo tempo. Ten unha nave non moi longa, cun presbiterio máis curto, alto e ancho que a nave, e unha e outro están cheos de canzorros de diversas formas. A porta latelal cunha ménsula enriba, ten aspecto gótico, pero a frontal con dúas arquivoltas e un arco moldurado apoiado en ménsulas de morlóns non deixa mentir sobre a súa orixe. Finalmente, na traseira ten unha xanela seteira e no cumio unha cruz de pedra.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 41.986705741811
Lonxitude: -7.6432657241821
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84