Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Xunqueira de Espadanedo
Parroquia: Xunqueira de Espadañedo (Santa María)
Lugar: Ás do Gaio
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:

En cabeza de Meda, preto da Margarida, atopamos este penedo con gravuras na zona orientada cara poñente, chamada Ás do Gaio, a unha altitude de 1033 m.
Trátase dunha pedra moi desgastada, e que na súa superficie superior ten unha notable inclinación, superior á do terreo. No lado de poñente parte a altura do terreo, superando os 2 m. no lado de nacente.
Na zona máis elevada aparecen as gravuras, formadas por unhas 20 coviñas dun tamaño entre 4 e 6 cm. de diámetro, tamén se distinguen dous sucos que atravesan a varias de estas cazoletas.
Pola caída case vertical de nacente, ten feitos uns chanzos para subir, este feito é curioso, xa que polo outro lado pódese subir sen necesidade de chanzo algún. Este feito pode indicar que formase parte de algún tipo de ritual, podendo ser un altar.
Este penedo foi afectado polo lume, facendo que en algunha zona salten anacos do granito.

Fotos: David Gavilanes


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Este penedo foi afectado por o lume, facendo que en algunha zona salten anacos do granito.


Onde está localizado

Latitude: 42.322363
Lonxitude: -7.614426
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84