Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Samos
Parroquia: San Xulián de Samos
Lugar: Samos
Outra denominación do ben: Capela de San Salvador
Cronoloxía: Época Altomedieval,
Descrición:

A cen metros do Mosteiro atópase a capela do Ciprés ou tamén chamada de San Salvador, un monumento prerrománico de finais do século IX e declarada Monumento Nacional en 1944.
Conta a tradición que o ciprés e a capela levan máis de once séculos xuntos. Fé, arte e natureza fixeron unha longa viaxe no tempo xuntos.
Todo o seu conxunto levántase con muros de cachotería de lousa presentando unha soa nave e ábsida rectangular. Conta con seis seteiras ou xanelas, unha en cada muro. Tamén a cuberta é de lousa, a dúas vertentes.
A única porta de acceso, no lateral sur, é tan sinxela coma fermosa, co seu arco de tradición de ferradura, típico do estilo mozárabe. O seu interior garda pinturas ó fresco de influencia astur e un banco de pedra percorre todo o perímetro da capela.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.73319613314324
Lonxitude: -7.324872761964798
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84