Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Condado (comarca) / Ponteareas
Parroquia: Moreira (San Martiño)
Lugar: Vilanova
Outra denominación do ben: Cruceiro do Torreiro
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Cruceiro datado en 1875, con plataforma de catro chanzos de pedra. A primeira practicamente soterrada e a última soporta un valado de ferro como elemento de protección do cruceiro. No baseamento cuadrangular posúe a seguinte inscrición: “EN 1875 AL RDO ABAD D.M. M Rº”.

O fuste é cilíndrico e remátase nun colar con decoración de sogueado que dá paso o capitel de estilo clásico con adobíos de follas de acanto e volutas nas esquinas, caras de anxos no centro e rematado en ábaco curvilíneo. Cruz latina, de sección cilíndrica e con nós imitando as ramas dunha árbore e con cartela de INRI. Leva no anverso a figura dun Cristo con cabeza inclinada, melena e pano de pureza anoado a dereita e cunha anatomía moi marcada. No reverso vemos a Virxe co seu fillo no colo, manto que a cubre e pregues moi marcados, repousa sobre peaña en forma de cabeza.

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACE WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/PONTEAREAS/documents/0861CA005.pdf (p. 7)
https://drive.google.com/folderview?id=0B8ACfkgfAFaDaUYtdmpTRXNCbjA&usp=sharing&tid=0B8ACfkgfAFaDV2twRzVlMno0aG8 (Páxina 10)
https://cruceirosdegalicia.xyz/360421301.html

BIBLIOGRAFÍA
FERNÁNDEZ ÁLVAREZ, MONÉ. Cruces, cruceiros e petos de ánimas do Concello de Ponteareas. Ed. AGCE, S.L. Vol. XXXVII. 2008


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.1506342806
Lonxitude: -8.50835591555
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84