Outra fotografía:

Tipo de ben: Fonte,
Concello: Caldas (comarca) / Cuntis
Parroquia: Cuntis (Santa María)
Lugar: Cuntis - Rúa do Balneario
Outra denominación do ben: Burgas do Balneario // Baño Romano
Cronoloxía: Época Romana, Século XIX,
Descrición:

Fonte parcialmente soterrada con dúas escadas. Posúe un só cano do que sae auga quente.
O máis interesante deste lugar é que neste lugar sitúase un baño romano con capacidade para corenta persoas. Os estudos arqueolóxicos falan dun vaso de forma irregular cos muros de cachotería e o fondo de lousas de pedra. O conxunto tiña unhas proporcións moito máis grandes que a praciña onde está esta fonte, chegando a ocupar parte dos cimentos das casas anexas.
A localización deste baño romano foi grazas á reforma da praza realizada no ano 1831 polo director de baños Jacobo Fernández Mariño. A descrición da época falaba deste lugar da seguinte maneira:
“En junio de 1831 descubrió el director Mariño, debajo de un manantial de agua mineral que brotaba en medio del pueblo, un grande baño de construcción romana, a la profundidad de dos varas bajo el nivel de la calle.
Las paredes de este baño eran muy compactas y estaban formadas con argamasa y piedras muy menudas, y el fondo del piso con losas de diferentes magnitudes y figura irregular (…).
Las paredes de este baño en la calle principal del pueblo no permitió que se aprovechase y se cerró perfectamente sin destruir la fábrica, elevando sus antiguas paredes cubriéndolas con piedra de sillería y dividiendo el agua en dos prociones iguales, una para fuente pública y otra para conducirla por caños a la casa de baños de Sta. María, que dista 38 pasos…”
Nesta descrición do médico Mariño menciónase que este baño posuía unhas escaleiras nos seu interior para poder baixar a bañarse, menciona tamén que se atopou unha figura dun edil romano ou unha minerva médica, e unha inscrición que se perdeu.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/cuntis/2016/02/27/monumentos-agua-recogen-historias-villa-termalfonte-dos-catro-canosfonte-da-rua-realfonte-lume-deusfonte-arcos-arribafonte-dos-espana-ou-do-casalfonte-do-campo/0003_201602P27C7993.htm
http://www.galiciaconfidencial.com/noticia/16079-cuntis-tesouro-termas-romanas
http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=23319&soportal=
http://www.diariodearousa.com/articulo/ulla-umia/fuente-termal-rua-do-balneario-esconde-debajo-gran-bano-romano/20131002024015042749.html
http://fontesdeaugas.blogspot.com.es/2016/04/fonte-termal-da-rua-real-cuntis.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.6343523928
Lonxitude: -8.56392860413
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84