Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: A Mezquita / Viana (comarca)
Parroquia: San Martiño da Mezquita
Lugar: A Mezquita
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

Extraordinario edificio pacego de tres andares, que foi construído no ano 1480, segundo consta nun epígrafe da súa fachada. A súa fachada destaca por estar enteiramente cuberta por marcas de canteiro que con grande probabilidade proveñen dunha antiga torre medieval situada a pouca distancia. A súa planta é rectangular cun patio exterior pechado nos seus tres lados por un alto murallón onde se abre o gran portalón da entrada, no lado paralelo á fachada do edificio que cerra o patio. Foi ampliado con dúas alas laterais nos séculos XVII e XVIII. Na súa fachada chama a atención a presenza dun arco de medio punto decorado cun alfiz, así como outro alfiz que aparece de novo encadrando unha xanela cuberta cunha lumieira na que aparece a pedra armeira dos Losada. Foi propiedade da família Cadórniga ou da Casa de Láncara, e tamén dos Losada e Sarmiento, armas que tamén aparecen na fachada.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

-Folleto turístico do Concello da Mezquita: ¨A Mezquita. No confín dos tres reinos¨
-¨El pazo de Láncara en A Mezquita¨(La Voz de Galicia, 25 de agosto de 2000): https://www.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/lancara/2000/08/25/pazo-lancara-mezquita/0003_169103.htm


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.0102014792
Lonxitude: -7.04617902179
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84