Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Curtis
Parroquia: Foxado (Santa María)
Lugar: Igrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Santa María de Foxado levántase sobre unha anterior capela románica, de cuxo edifico orixinal consérvase a parte baixa do muro da ábsida e algunhas pedras con marcas dos canteiros situadas nas escaleiras de baixada ao atrio.
Aquí contemplamos unha igrexa de estilo barroco, de tipoloxía rural moi frecuente na comarca. Presenta planta de cruz latina, con pequena capela e sancristía, obras realizadas con muros de pedra.
No muro exterior da cabeceira da capela de San Xoán, aberta á beira sur, é sinxelo advertir a silueta de tres cruces patadas gravadas nos sillares.
A fachada principal áchase organizada nun só corpo, con porta enmarcada e moldurada e, como remate, dous aletóns que non chegan a formar unha curva con pináculos nos laterais.
Sobresae da cornixa unha espadana de dous ocos.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

Como curiosidade, sinalar que esta parroquia tamén conta cunha casa de postas, onde antigamente paraba o correo postal a durmir e a dar de comer e beber os cabalos, esta casa posúe un escudo en bo estado de conservación.
Destacar tamén, que no ano 1933, no Castro do Castelo desta parroquia, apareceron de maneira fortuíta varios torques de ouro de tipo distinto, pero entre os que dominan os do chamado tipo Ártabro, hoxe conservados no Museo Provincial de Pontevedra.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.curtis.gal/index.php/es/parroquiasc/sta-m-de-foxadoc

http://www.curtis.gal/index.php/es/parroquias-n/santa-maria-de-foxado-n-es/123-conocenos-nuevo/1940-patrimonio-historico-artistico-santa-maria-de-foxado#arquitectura-religiosa-iglesias

http://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/25020/igrexa-de-santa-maria-de-foxados?langId=es_ES

http://www.riomandeo.com/index.php?nivel=4&idnivel=1078&idIdi=1&s=24&su=30&su2=25&cat=su2

FOXADO, Santa María

https://galiciapuebloapueblo.blogspot.com/2018/08/santa-maria-de-foxado-curtis.html

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CURTIS/documents/26210CA018.PDF (páxina 7)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.105566158414
Lonxitude: -8.0165421127439
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84