Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Oia
Parroquia: Loureza (San Mamede)
Lugar: Acevedo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Cruceiro que nace sobre dous chanzos de sección cadrada.
A súa base cúbica con moldura superior posúe unha inscrición moi erosionada e de difícil lectura que di o seguinte:
“AÑO D 1804”.
O seu varal, que comeza cunha sección cadrada e segue en octogonal, da paso a un capitel cadrado con molduras.
O conxunto remata cunha cruz de sección cadrada coas arestas rebaixadas na que aparece a imaxe de Cristo crucificado baixo cartela de INRI.

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACE WEB
https://cruceirosdegalicia.xyz/360360204.html

BIBLIOGRAFÍA
MARTÍNEZ TAMUXE, Xoán. (1999). Cruceiros, cruces e almiñas do Baixo Miño II. Concello do Rosal. Ed: Concello do Rosal. (en liña: https://anyflip.com/cbgic/ecio)
CASTRO GUERREIRO, Alfredo José. (1999). Os máis belos cruzeiros do Baixo Minho. Alto Minho e Galiza. Edição da Cervocultural.

ENLACES DE REFERENCIAS LEGAIS
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 41.9703939299
Lonxitude: -8.8244448380831
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84