Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Gomesende
Parroquia: O Val (Santa María)
Lugar: O Val
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Este cruceiro nace sobre un pedestal cúbico feito en cantaría granítica con molduras. A base cúbica de arestas rebaixadas posúe unha inscrición que reza así:
“”PAGOLO
DON RA
MON D C.
(1791?)

A continuación o varal cunha primeira metade en sección cadrada e o resto en sección cilíndrica. Posúe unha pequena praca que reza o seguinte:
“DOADO POR A EXCMA
DEPUTACION DE OURENSE
O
SANTUARIO DA
NOSA SEÑORA DO VAL.
GOMESENDE 3 MAIO DO 1991”.

O conxunto remata cun capitel tronco piramidal invertido e unha cruz de sección octogonal na que aparece a imaxe de Cristo crucificado baixo cartela de INRI.

De todo o conxunto a única parte orixinal é a súa base.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

https://cruceirosdegalicia.xyz/320330602.html
https://delouredo.blogspot.com/2020/06/tres-cruceiros-no-val-gomesende.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.208580173471
Lonxitude: -8.1100725557536
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84