Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Vilalba
Parroquia: Samarugo (Santiago)
Lugar: O Pazo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Edificación relixiosa construída en diferentes fases a base de cantaría granítica labrada e escuadrada e cachotaría granítica. Posúe planta rectangular cunha soa nave e cuberta a dúas augas agás no presbiterio que é a catro augas.
A fachada principal (do século XVIII) presenta unha porta de aceso lintelada e enmarcada . Por riba dela unha fiestra cadrada. O conxunto remata cunha espadana de dous ocos.

No interior da igrexa destaca a súa nave de pequenas dimensións do século XII e ampliada no XVI. Nun dos seus laterais existe unha porta de aceso dovelada de época románica na que podemos ver unha cruz gravada e un anagrama (Iesus Christus Philius Dei Salvator).

No tránsito da nave ao presbiterio existe un arco oxival.
O presbiterio (do século XVI) destaca pola súa bóveda nervada.

Esta igrexa garda relación co Pazo de Samarugo (http://patrimoniogalego.net/index.php/116231/2023/10/pazo-de-samarugo/).


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:

Esta igrexa posúe numerosos e destacados elementos mobles:

* Na cornixa do muro dereito podemos ver unha colección de dez canzorros.
* No presbiterio podemos ver o sepulcro de Antonio Pardo Osorio, señor do Pazo de Samarugo (http://patrimoniogalego.net/index.php/116231/2023/10/pazo-de-samarugo/) enterrado no ano 1601. Posúe a seguinte lenda: “Año de 1601, Antonio Pardo Osorio hizo componer este sepulcro a los fundadores desta capilla”.
Tamén dous escudos coas armas dos Castro Osorio e Pardo Aguiar. .
* Un retablo procedente da Catedral de Mondoñedo de época moderna, no que aparecen varias imaxes: Santiago, San Roque, a Virxe do Carme, San Caetano (do século XVIII), e outras de estilo popular como un San Andrés, Santo Antonio e a Virxe.
* No adro existe unha lauda sepulcral e un cruceiro (http://patrimoniogalego.net/index.php/116220/2023/10/cruceiro-no-adro-da-igrexa-parroquial-de-santiago-de-samarugo/).


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

REFERENCIAS WEB
https://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/GALICIA/documents/LUGPA007.PDF

SAMARUGO (SANTIAGO)


https://www.caminodesantiago.gal/gl/recurso/-/recurso/22262/%7B0%7D
https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/22262/igrexa-parroquial-de-santiago-de-samarugo?langId=es_ES&tp=8&ctre=31

Arquitectura Religiosa


https://www.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/2006/06/24/huellas-pardo-cela-tierras-samarugo/0003_4890353.htm

REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS
https://www.romanicodigital.com/sites/default/files/pdfs/files/LUGO_Samarugo.pdf (en liña)
VV.AA. (1975). Inventario artístico de Lugo y su provincia. Servicio nacional de información artística, arqueológica y etnológica. Ministerio de Educación y Ciencia


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.361817517102
Lonxitude: -7.5910452402153
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84