Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Santiago de Compostela
Parroquia: Santiago de Compostela
Lugar: Santiago, Praza do Obradoiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Desde 1521 no lugar do antigo hospital, que estaba situado na Acibechería, había un colexio chamado de Santiago Apóstolo, no que se ensinaba entre outras materias Gramática, Lóxica e Filosofía. Cara a mediados do século XVII os frades bieitos de San Martiño compran o inmóbel para ampliar a fábrica do seu convento, máis o que compran é o sitio non os materias. Estes irán, na súa maior parte, para a súa situación actual nunha ampliación do Pazo de Fonseca como peche dun dos laterais da praza do Obradoiro e ordenando o espazo que estaba entre o remate da rúa do Franco e a rúa que baixaba cara ás hortas pola esquina suroeste da praza, agora chamada avenida de Raxoi. Cando se sitúa neste novo lugar o colexio chámase xa San Xerome, por ser este considerado un dos santos máis sabios da Igrexa. Peña de Toro inicia as obras do edifico, feito a base de perpiaños de granito. Está ordenado en torno a un patio interior sostido por arcos de medio punto e ten unha planta rectangular de dúas alturas. Deste edificio, que se debe entender como una ampliación de Fonseca, destaca a súa fachada, máis en concreto a súa porta e as esculturas que a enmarcan e decoran. A fachada principal orientada ao Obradoiro componse de dúas plantas. Na planta inferior está a portada gótica do antigo colexio da Acibechería. Sobre a porta vai un arco que ten once figuras. No centro está Santa Ana, que leva no regazo a Virxe e a o neno. A súa esquerda María Cleofás e a dereita María Salomé, que aparece con un libro aberto; a cada lado veñen agora, María Magdalena, que ten na man un cacharro de ungüentos, e Santa Lucía , que está aquí como a santa que ten que dar luz aos que entren ao colexio, as outras tres porque son as mulleres que ían ao sepulcro de Cristo cando lle apareceu resucitado.. O resto das figuras, seis, que completan o arco cara a parte inferior, son figuras masculinas entre as que están san Xerome e santo Agostiño. O Tímpano describe una liña ondulada na parte inferior e no canto da mesma van incrustados uns anxos, a superior vai rodeada por una serie de baixorelevos nos que aparecen unhas figuras de anxos con instrumentos musicais e coroados polo rostro de Cristo, que vai no centro da arquivolta. As imaxes que leva o Tímpano son tres: a principal é a Virxe co Neno e vai apoiada nun anxo que sostén o brasón de Fonseca, e a súa esquerda vai santa Catarina, mentres que a súa dereita vai o arcanxo Gabriel. Nas xambas que enmarcan a porta temos seis figuras. Na dereita está Santiago, que leva o sombreiro de peregrino con vieira e zurrón colgando do costado, Xoán o Evanxelista e Francisco de Asís; en fronte temos a San Pedro, que leva tres chaves en alusión á súa potestade sobre o ceo, a terra e o inferno;San Paulo e San Domingos de Guzmán. Na actualidade acolle ao Reitorado da Universidade de Santiago.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Vilar Álvarez, Manuel. A Praza do Obradoiro. Edita A Nosa Terra
ISBN 84-96403-55-6


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.879997379597185
Lonxitude: -8.545399904251099
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84