Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Carnota
Parroquia: Santa María de Lira
Lugar: Lira - Cementerio
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XXI,
Descrición:

Cruceiro de tipo “Desencravo”, sen plataforma e cun pedestal circular leñoso con nós ó igual co seu varal que é circular leñoso con nós. Ten unha figura no varal, a pouco máis da súa metade de Santiago pelegrín. O capitel é cilíndrico con volutas e ábaco de lados rectos. A súa cruz é cilíndrica e presenta a Cristo Crucificado na figura de desencravo mantendo aínda tres cravos, un na man esquerda e dous nos pés. A man esquerda está aberta e a dereita desencravada encima do hombreiro de San Xoán. Inclina a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas e un pergamiño coas siglas INRI. O pano de pureza parece que vai amarrado cunha corda. Ten un anxo con ás no seu lado esquerdo xunto ós pés de Cristo. O cruceiro é todo de granito cun moi bó estado de conservación. Ten unha inscrición nun nó do varal feito polo autor deste cruceiro, Vidal Payo Fernández, que pon: “Payo”.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7998131175
Lonxitude: -9.12634760141
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84