Outra fotografía:

Tipo de ben: Porto, Institucións privadas (sés de empresas, centros sociais...),
Concello: Muros
Parroquia: Serres (San Xoán)
Lugar: Anido
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Trátase dunha fábrica de salgadura de sardiña construída por Abelardo e Felix Romaní, a edificación central ten un volume paralelepípedo ao que se lle apegan perpendicularmente distintos corpos na súa parte posterior, que configuran un rectángulo no que se dispón o patio. No corpo principal distribúense as distintas dependencias do edificio, dispostas en dúas plantas. A disposición dos vans reflicten a distribución do interior, colocándose unha galería de formigón e cristal no primeiro piso, sendo esta de construción posterior a da fábrica orixinal. Este volume de entrada destaca polo encintado da fabrica de pedra, xa que esta pintado de branco. Os outros paramentos verticais son de cachotería vista, cubríndose todo o inmoble de tella do país. Un grande espazo queda libre para adicarse ás distintas labores de fábrica da que aínda conserva varios píos, chanca e morto, no morto a técnica era de fusos de ferro e madeira. No exterior conserva dúas ramplas, un amplo patio e unha edificación cercana tamén empregada para o salgado. Tamén serviu de campo de concentración de presos asturianos, vascos, madrileños e galegos en tránsito entre agosto de 1937 e febreiro de 1938, cando estaba inactiva, albergando máis de 500 presos, estes construíron o camiño que vai da estrada xeral de O Baño ate a fábrica, nela estaban vixiados por soldados do Regimiento de Infantería “Zamora” nº 9 , mentres carabineiros e gardas civís patrullaban polo exterior. A día de hoxe emprégase como restaurante, e consérvase en bastante bo estado de conservación, quitando as edificacións anexas (na segunda foto).


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: ResidencialHosteleiro
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Inventario do Patrimonio Marítimo Pesqueiro no Ámbito
das Confrarías de Pescadores de Muros, Lira, O Pindo, Fisterra e Laxe

Custa, Xesús. Santos, Xesús: ‘Galiza na Guerra Civil. Campos de concentración de Muros, Padrón, A Pobra e Rianxo’

Soraluce Blond, José Ramón. Fernández Fernández, Xosé: «Arquitecturas da Provincia da Coruña, Carnota, Lousame, Muros, Noia, Outes e Porto do Son».

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/MUROS/documents/22396CA014.pdf
pax. 3


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7858286043
Lonxitude: -9.05947208405
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84