Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Vigo
Parroquia: Valadares (Santo André)
Lugar: Monte Alba
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Altomedieval,
Descrición:

Trátase dunha ermida de cantaría con bloques non sempre regulares, e con planta rectangular, un maior de 9,1 por 7 metros e o outro de 7,2 por 6 metros. Antano formaba parte dunha fortaleza medieval que ocupaba o cume. Esta pertencía á casa dos “Valladares” e levaba o nome de Castelo do Alba.
Na fachada atópase un escudo da capela, co seu campo xadrezado e as armas da familia dos “Valladares”.
Nela venérase á nosa Señora da Alba e a San Bartolomeu.

No interior, un dos perpiaños de pedra reutilizado, encaixado nun muro de contención próximo á ermida, posúe un gravado considerado un taboleiro de xogo do denominado “alquerque do seis”.
Tamén se atoparon moedas medievais localizadas no cume do monte e vertentes inmediatas.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

Un dos perpiaños de pedra reutilizado, encaixado nun muro de contención próximo á ermida, posúe un gravado considerado un taboleiro de xogo do denominado “alquerque do seis”.
Tamén se atoparon moedas medievais localizadas no cume do monte e vertentes inmediatas.


Tradición oral:

” Para celebrar as súas festas, o 15 de Agosto, levan da igrexa parroquial as dúas imaxes ata a ermida, e o 24 seguinte, conducen á imaxe do Rosario, que é recibida moi cerimoniosamente preto do cumio, conforme a vellas regras, que se non son precisamente litúrxicas, son tradicionais e inspiradas pola fe. A procesión que ten a súa orixe na parroquial, imaxes, estandartes, cruz, pendóns, clero e fieis, formando pintoresca comitiva diríxense por labirínticas corredoiras cara ao monte e pouco antes de chegar ao santuario, sae deste outra procesión outra procesión para recibir á primeira (costume moi arraigada nesta bisbarra, como queda expresado). A poucos metros de distancia unha da outra, reverentemente saúdanse, avanzando con lentitude, inclinándose cada tres pasos, ata que se poñen en contacto, e así, todos reunidos, entran con música e gaita na ermida, mentres nesta deixa oir os seus sons unha campanita algarera e en espazo estalan labores de piroctenia. O templo énchese, estrujandose os romeiros para oir a misa solemne, e aínda fóra, mentres esta se celebra, reina un respectuoso silencio. ”

“Tierra de Fragoso” (Notas para la historia de Vigo y su comarca). José Espinosa Rodríguez. 1949


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
PXOM CONCELLO DE VIGO – Agosto 2021 (ficha AR.28.004 – páxina 95)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/VIGO/documents/26620ca031.pdf (P. 6)

BIBLIOGRAFÍA
“Inventario histórico das ermidas de Vigo e do val do Fragoso”. Juan M. González Fernández.
“Tierra de Fragoso” (Notas para la historia de Vigo y su comarca). José Espinosa Rodríguez. 1949


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.172544246061
Lonxitude: -8.7361693382263
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84