Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Soutomaior
Parroquia: Soutomaior
Lugar: Rial
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Igrexa barroca da parroquia de Soutomaior, no concello do mesmo nome, situada no barrio do Rial. Situada moi preto do castelo de Soutomaior, foi edificada no século XVIII.
O edificio ten planta de cruz latina, con ousía cadrangular. A fachada enmárcase en dous grandes contrafortes ou machóns en cada canto, e contén unha portada monumental disposta en dous corpos superpostos delimitados por columnas pareadas. O corpo inferior contén a porta de acceso, baixo un arco de medio punto adornado cunha curiosa chambrana mixtilínea. As columnas dos lados, asentadas sobre plintos, son de fuste liso as exteriores e acanalado nos dous terzos superiores as interiores. Os capiteis, de orde composta, sosteñen un entaboamento adiantado cun friso adornado de róleos, mentres que sobre a porta o entaboamento é figurado por unha cornixa e molduras xeométricas. O segundo corpo contén un nicho cuberto con semicúpula de gallóns, en forma de vieira, que acolle unha figura do Salvador, patrón da igrexa. As columnas pareadas dos flancos, de menor porte que as de abaixo, son tamén de capitel composto e fuste liso. Coroando esta portada disponse un frontón curvo, partido, cunha xanela cadrada no centro que dá luz ao coro. No alto do pincho érguese unha esvelta cruz en pedra. A torre de sinos, no lado dereito, de planta cadrada e de porte notable, está coroada por un primeiro corpo, con arcos de medio punto en cada lado acollendo as campás, e rodeado por unha balaustrada de pedra, adornada nos machóns das esquinas por mascaróns esculpidos coa boca aberta (alegoría dos ventos). Sobre el érguese un segundo corpo, de planta circular, coroado por unha cupuliña. Compleytan a decoración volutas e pináculos de piramidóns.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.33425973107162
Lonxitude: -8.568912148475647
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84